martes, 30 de xaneiro de 2018

Concerto Didáctico: Cousas de Catro

A semana pasada os/as alumnos/as de 5º e 6º desfrutaron dun concerto de percusión, no Palacio da Ópera, da man de Odaiko percusión ( http://odaiko.es/ )
Desfrutamos un montón cos xogos de luces e sons, coa percusión corporal....e o máis importante nos ensinaron que para facer música non fan falla grandes instrumentos.



luns, 29 de xaneiro de 2018

30 de Xaneiro día da non violencia e da Paz


Varios dos nosos principios son educar na igualdade, na tolerancia, na solidariedade, no respeto e na paz.

Estes días fixemos especial fincapé no estudo de homes e mulleres que ao longo da historia loitaron pola paz.

Mañá ás 13:00 horas,  no parque das Pontes, faremos un acto onde botaremos a voar pombas mensaxeiras e que será o broche final ás actividades feitas nestes días.

Estades todos/as convidados/as.





venres, 26 de xaneiro de 2018

DÍAS DE INVERNO, DÍAS DE PUZZLES

Sabemos dos múltiples beneficios que ten armar e xogar cos crebacabezas (puzzles): traballo da motricidade fina, traballo da lóxica matemática, mellora da autoestima e da atención, control da frustración e por suposto, se se fai en equipo melloran as habilidades sociais e dáselle importancia a un valor tan importante como a cooperación.
Sendo coñecedores disto, dende o cole potenciamos o seu uso especialmente nestes días nos que a choiva non nos permite xogar no patio exterior. Calquer momento é bo para gozar destes fantásticos pasatempos: madrugadores, recreos e ata algúns momentos dentro das sesións no aula.
Aquí podedes ver cómo se concentran os nen@s ou como colaboran para realizar algúns crebacabezas de ata 200 pezas.



martes, 16 de xaneiro de 2018

Taller de Xabóns de cores

Devírtete facendo bonitos xabóns no cole!

Sábado 20 de Enero de 11-13h 

Este sábado teremos no cole unha actividade divertida e diferente: faremos xabóns cos nosos compañeiros e compañeiras do noso cole.


mércores, 10 de xaneiro de 2018

Feliz aninovo!!!

Dende o Colexio queremos comezar o ano con bo pé, por iso os nenos de Educación Infantil foron pasiño a pasiño no primeiro día do ano.


Aínda que algúns necesitaron algo de axuda, todos foron pisando forte!



 Feliz aninovo a tod@s!!!

domingo, 7 de xaneiro de 2018

CONTOS DO NADAL

Nos días previos ás vacacións do Nadal, os alumnos/as de 4º de Educación Primaria, fixeron un concurso de elaboración de "Contos do Nadal". Con moita imaxinación, estas preciosas historias deixaron ver situacións nas que a solidaridade, a familia, "Mamá Noel" ou as "Raíñas Magas", foron algunhas das principais protagonistas.


Aquí vemos ós cinco finalistas e a gañadora do concurso, Giulia.