Escola para pais e nais

 Benvidos e benvidas a este espazo!!!

Como xa vos comentamos nas reunións de principio de curso 23-24 queremos realizar diferentes charlas coas familias para trasladarvos información relacionada coa educación dos vos fillos e fillas (nova lei, diferentes ordes, proxectos actuais....) e así traballar en equipo para o mellor desenvolvemento de cada neno e nena atendendo as características propias de cada un deles. 

Inauguramos este espacio deixándovos a presentación que realizamos o martes 19 de decembro na primeira reunión que realizamos de escolas de pais e nais. Así, as familias que non poidestes acudir podedes ver e escoitar un pouco os temas que tratamos.

Podedes vela pinchando no seguinte enlace: 


Presentación Merienda Charla: El duro trabajo de ser padres


Deixamos tamén no seguinte enlace á entrevista feita no programa La ventana de la Cadena Ser á pediatra Lucía Galán xa que na presentación non se pode escoitar. Pedimos desculpas.

Entrevista á pediatra Lucía Galan


Esperámosvos na seguinte reunión que será o venres 15 de marzo ás 18:00. Queremos escoitar a vosa voz!!!



Moitas gracias a Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar, por darnos un espazo no que falar e compartir as nosas experiencias e dúbidas e polas reflexións as que nos fixo chegar sobre as emocións dos nosos fillos e fillas e das nosas propias emocións.
Deixamos o enlace do conto que nos leu Rocío a modo de reflexión final.


Tamén queremos agradecer as familias que acudiron a esta reunión por participar e deixarnos escoitar a vosa voz.

Na seguinte reunión continuaremos falando sobre a regulación emocional. Se vos interesa o tema deixamos esta interesante entrevista de Marián Rojas sobre A neurociencia das emocións.



 
Na reunión que tivemos en abril falamos dos diferentes estilos educativos e reflexionamos sobre como nos educaron a nós e como intentamos educar aos nosos fillos e fillas nunha sociedade moi diferente a cando nós eramos nenos e nenas. De novo foi un espazo moi enriquecedor onde comentamos as nosas dúbidas e preocupacións en canto á educación dos nosos pequenos e pequenas.



Tamén recordamos de novo a importancia de regular as nosas emocións para establecer as diferentes normas que queremos establecer na familia e utilizar unha comunicación asertiva.







Moitísimas gracias de novo a Rocío e as familias participantes pola súas aportacións. 
Esperamos poder ter máis experiencias coma esta no seguinte curso. Agardamos a vosa participación!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario