venres, 23 de decembro de 2022

Nadal 2022

 Por fin chegou o Nadal e as esperadas vacacións pero antes de nada amosámosvos todos os traballos que fixeron as nosas e os nosos rapaces e rapazas nestes días.

 













 


Tamén tivemos a visita de Papá Noel!!!

 













 

E moita festa!!!!













Todo o equipo que forma o Colexio Cid deséxavos un

 Bo Nadal!!!




xoves, 15 de decembro de 2022

Día Internacional das persoas con discapacidade 2022



O día 3 de decembro celebrouse o día internacional das persoas con discapacidade.  Esta palabra fai referencia a dificultade que ten unha persoa para realizar certas actividades.

A discapacidade é unha capacidade extraordinaria de ser capaz porque a vida sempre nos pon barreiras pero os límites os decidimos nós.

Dende o Colexio Cid tivemos a gran sorte de recibir a Pilar, unha colaboradora da ONCE que nos ensinou como se traballa desde a súa asociación. Foi moi interesante, xa que nos fixo reflexionar e empatizar con todas esas persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Ademáis, en cada curso, traballamos diferentes dinámicas que nos permitiron poñernos na pel da outra persoa.