martes, 23 de xaneiro de 2024

Excursión á Policía Nacional e Lonxa!

Os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, foron de excursión ás instalacións da Policía Nacional, en Lonzas. Durante a visita, o noso alumnado, puido coñecer de preto un oficio tan importante como é o de ser policía.

Por un lado, durante o percorrido, aprendemos sobre os cans entrenados para a busca de explosivos e drogas e puidemos ver de cerca e coñecer a un en acción. Por outro lado, tivemos nas nosas mans materiais de uso diario: chalecos antibalas, escudos antidisturbios, cascos e mesmo tivemos a oportunidade de subirnos dentro dun coche patrulla!





Ademais, tamén desfrutamos do museo da policía, onde aprendemos moito sobre a historia deste corpo de seguridade e tivemos de cerca armas antigas, motos, diferentes uniformes, explosivos e, ata unha escena simulada dun crime! 

Unha visita moi completa na que o noso alumnado aprendeu moito sobre este oficio.


 
Doutra banda os cativos de 4º e 5º de Educación Infantil visitaron o pasado xoves a Lonxa de A Coruña. Nesta saída visitaron as instalacións da Lonxa, viron peixes, acercáronse un pouquiño ao mar, xogaron con xeo e pesáronse todos os rapaces chegando aos 300 kg!!!
 
 


 
Esperamos que vos gustara tanto como a nós!!!!
 

xoves, 18 de xaneiro de 2024

Reserva plaza 6º primaria IES Rafael Dieste curso 2024-2025

 IES Rafael Dieste

A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o anexo I en castellano e anexo I en galego no noso centro en horario de secretaría. 

Tamén pode ser entregada polo propio alumnado ao que se lle entregará unha copia de entrega. 

O prazo é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

luns, 15 de xaneiro de 2024

FELIZ ANIVERSARIO

O pasado venres foi un día máxico en Educación Infantil, pois todos os peques celebraron en conxunto os seus aniversarios. Trátase dunha data moi especial, por iso dámoslles a oportunidade de que ninguén quede sen celebralo cos compañeiros/as, xa que en ocasións os aniversarios coinciden en vacacións. 

Foi unha festa entrañable na que cantaron, bailaron, riron, sopraron candeas e pediron desexos... Deixámosvos coas imaxes. 











PARABÉNS!