venres, 10 de maio de 2024

DÍA INTERNACIONL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O día 2 de maio celebrouse o día internacional contra o acoso escolar.

O acoso escolar é unha triste realidade entre os nosos nen@s e moz@s que debe preocupar aos centros educativos e ás familias.

O acoso, tamén coñecido polo termo bullying, consiste na marxinación ou abuso de poder dun ou máis estudantes contra outro. Un tema delicado, que adoita ser minimizado ou silenciado, presente dentro e fóra das aulas, xa que fóra do ámbito escolar tamén se dan situacións de acoso escolar (rúas, parques, autobuses), ou a través de Internet (redes sociais, plataformas de videoxogos, chats, grupos..)

Case sempre, é realizado por un ou varios alumnos en grupo con testemuñas que observan, pero poucas veces interveñen por medo a recibir o mesmo trato ou a ter problemas. Entre as testemuñas podemos contar con compañeiros, profesores, comedores, etc.

Entre os tipos de acoso que sofre a vítima destacan o acoso psicolóxico (medo, soidade, baixa autoestima...), verbal (burlas, insultos, ameazas...), social (exclusión, discriminación), material. (roubo ou destrución de pertenzas do fogar vítima), sexual e, coa popularización das redes sociais, ciberacoso.

Dende o noso colexio quixemos contribuír contra isto e ademais de explicar a todo o alumnado o punto laranxa que temos no cole, aproveitamos que un grupo de estudantes con NEAE propuxera unha actividade para realizala todo o colexio. Ésta consistía en facer visionado de vídeos e despois escribir nun papel aquelas palabras feas que non nos gustan recibir nin dicir. Despois, estes papeliños arrugaronse e botaronse no lixo debuxado por eles. Aquí vos deixamos a mostra en fotos do ben que o fixemos tod@s!





                                       







Tanto as familias como os centros educativos somos  os responsables da boa educación dos nen@s, así como da prevención, detección e corrección das condutas abusivas. Polo tanto, é necesaria a colaboración mutua.

venres, 3 de maio de 2024

Día do libro 2024

 Un ano máis celebramos o día do libro. 

Todos sabemos que a lectura é a base de todo. É importante para todos/as e sobre todo, para nenos/as xa que aporta innumerables beneficios cognitivos como a mellora da concentración e da memoria, a adquisición de vocabulario necesaria para mellorar a nosa comunicacións cos demais e mellora a nosa flexibilidade mental e creatividade necesaria para solucionar os diferentes retos e problemas que van aparecendo no noso día a día. 

Ademais aporta tamén beneficios emocionais como axuda a reducir o estrés, nos fai máis empáticos e empáticas cando recoñecemos as emocións nas distintas personaxes e nos axuda a coñecernos mellor.

Por todo isto nos parece moi importante que atopemos momentos de lectura en familia. Deixamos algúns consellos para fomentalos: 

  • Somos modelos dos nosos nenos e nenas así que é importante que nos vexan ler e debemos fomentar neles o interés polos libros e a lectura.
  • Poñer libros ao alcance que respondan aos seus intereses
  • Ir con eles á biblioteca e lerlles contos.
  • Invitarlles a crear a súa biblioteca.
  • Habilitar un espazo para gardar os libros.
  • Encontrar un lugar agradable para ler.


No colexio realizamos diferentes actividades como a visita de contacontos e autores de libros lidos nas aulas e un intercambio de libros das nosas casas entre outras moitas. 

Aquí tedes a demostración destas e doutras actividades realizadas a semana pasada:

















Moitísimas gracias ao contacontos e escritor David Rodríguez pola súa divertidísima visita e noraboa a Nayla Orrego Mantilla polo seu deseño do marcapáxinas gañador deste curso.