venres, 21 de maio de 2021

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-2022

Onte publicouse no DOG a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

O prazo para a entrega de solicitudes será do 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021, ambos incluídos.

Modo de presentación:

_ De xeito presencial: na secretaría do centro, solicitando cita previa por teléfono  (981 255 244) ou por correo (cpr.cid@edu.xunta.gal).

_De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal).

A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. 

O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtida a praza para o curso 2021/2022.

Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2020/2021.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

ANEXO I E II

PRAZOS

  

 

 

sábado, 15 de maio de 2021

Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar

O 2 de maio celébrase o  Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying nos nen@s e mocidade a nivel mundial. Así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, se converteu nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.

No noso centro o alumnado estivo a traballar, a reflexionar, a concienciarse neste mal da sociedade actual. Traballárono de diversas formas dependendo das idades: cos contos “Vivan las uñas de colores”, “ Orellas de bolboreta”; diversos vídeos; debates…

Deixámosvos algunhas fotos para que poidades ver un pouco do moito que fixeron e uns enlaces para que poidades ver con el@s de novo.














               Vivan las uñas de colores! (Español Egalité): Amazon.es: Gusti, Acosta,  Gusti, Acosta: Libros

 Pincha sobre a imaxe


Pincha sobre a imaxe

martes, 4 de maio de 2021

Día do libro

 




 O día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día Internacional do Libro.

Esta celebración remóntase a comezos do século XX, cando a  Conferencia Xeral da UNESCO decidiu elexir esta data por varios motivos:

  • O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
  • Para alentar a todos e todas, en particular aos máis xóvenes, a descubrir o placer pola lectura e respectar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Dende o Cole tamén queremos fomentar este placer pola lectura con diferentes actividades que realizamos cos nosos/as compañeiros/as