xoves, 23 de marzo de 2023

Saídas ...

Os días 1 e 8 de marzo os cursos de 1º, 2º e 3º realizaron diferentes saídas para repasar e afianzar os contidos traballados nas aulas.  

Unha das excusións foi realizada polos cursos de 1º e 3º, os cales traballaron en parella e en equipo, para coñecer as rúas e os arredores do noso colexio e facer unha actividade de orientación que lles serviu para utilizar o compás, diferentes aplicacións que temos na actualidade para orientarnos e experimentar en primeira persoa como faciamos no pasado para chegar a unha determinada dirección descoñecida.





                                                         




                                                     




A outra saída que se realizou foi ao museo científico Domus- Casa del Hombre. Nesta saída os cursos de 1º e 2º aprenderon dun xeito interactivo como funciona o noso corpo e como fomos evolucionando.
Ademais como coincidiu coa data do día da muller coñecemos a diferentes científicas e mulleres que traballaron pola Ciencia do pasado e do presente.

                       


                             














mércores, 8 de marzo de 2023

Proxecto lingüístico do centro e celebración do 8 de Marzo.


 O 8 de marzo é un día de celebración e concienciación. É unha data moi importante que recorda os máis de 100 anos de loita polos dereitos das mulleres, pola igualdade salarial e pola igualdade de oportunidades. Neste día celebramos unha data na que observar a historia da desigualdade entre xéneros, onde conmemoramos a todas as persoas que loitaron durante máis dun século para que as mulleres poidan ter unha vida máis xusta e mellor, gañando a batalla á opresión sufrida polo machismo durante tanto tempo.

Esta data, é unha importante oportunidade de reflexión para que todo o alumnado do noso colexio Cid, analice sobre a situación na actualidade dentro e fóra da nosa contorna, xa que, hoxe en día, no mundo, aínda existe moita desigualdade e débese continuar coa loita para erradicar esta inxustiza.

A través da educación, familias e colexio debemos estar unidos cara esta loita contra a desigualdade, co obxectivo de crear un futuro mellor para o noso alumnado.

Á conmemoración desta celebración, unimos tamén o noso proxecto lingüístico do centro. Este ano, para fomentar o uso da lingua galega, eliximos mulleres galegas que seguen sendo exemplos de superación polos logros conseguidos nas súas vidas e que continúan loitando pola igualdade na sociedade actual.

Dende as aulas de infantil e primaria, as nosas alumnas e alumnos, sensibilizáronse a través de diferentes traballos que fomentaron as aprendizaxes sobre os valores xa citados. A través destas actividades, e do estudo sobre a vida de actrices, matemáticas, inventoras, escritoras, poetas, deportistas, etc. encontraron aprendizaxes inspiradoras como referencia de superación. Por outra banda, tamén recordaron moitos exemplos de heroínas que viven nas súas familias, nais, avoas ou bisavoas que foron, son e serán, grandes exemplos de mulleres traballadoras, que loitaron fronte a moitas dificultades e que merecen ser tamén exemplos de superación para tod@s.


Educación Infantil:












Educación Primaria:







































Aula PT