xoves, 28 de febreiro de 2019

ADMISION ALUMNADO CURSO 2019-2020

Dende o 1 ata o 20 de marzo estará aberto o periodo de solicitude de praza para o curso 2019-2020.



Como cada ano,  non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando  mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita ( telf.: 981 255 244  @: cpr.cid@edu.xunta.es).

xoves, 21 de febreiro de 2019

A nosa Hortiña

O venres pasado aproveitando, o cuarto crecente, fumos a nosa horta  a plantar allos que os alumnos/as de 1º e 2º xerminaran con anterioridade.



Nesta fase lunar increméntase a luz e obsérvase que o desenvolvemento das hortalizas é máis equilibrado.  Esto sucede porque as augas subterráneas movilízanse e, polo tanto, as raíces reciben maior cantidade de auga. Así mesmo a savia concéntrase nas raíces (na lúa nova) ou nas follas (na lúa chea) atraída polas forzas gravitacionais e polo tanto a primeira é unha época propicia para a sembra mentras que a segunda, para a recolección.

Tamén vimos o resultado do plantado no mes de novembro e limpamos ao redor dos repolos e das berzas para que poidan crecer mellor.






Por outra banda os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria coñeceron  esas verduras e hortalizas que lles aparecen no plato. 



Tamén coñeceron o que era un hotel de insectos e a importancia destes animais para as plantas, o que eran as composteiras, observaron e uliron outros tipos de plantas como as aromáticas: lavanda, romeu e menta, ademais de ter a sorte de ver vacas e cabras que había nunha finca cercana a nosa horta.



Aprenderon moitísimo e pasáronno xenial!!!!!



domingo, 17 de febreiro de 2019

SAÍDAS CULTURAIS NO MES DE FEBREIRO

Estes primeiros quince días de febreiro foron uns días moi fructíferos en canto as saídas culturais no cole. Os cursos de primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto de Primaria saíron das aulas para experimentar de primeira man co arte, a música e coñecer a profesión de policía nacional.

Aquí vos deixamos as imaxes destas saídas.






venres, 15 de febreiro de 2019

ÓNDE VIVE O PINGÜÍN?

 Un día cando chegamos á clase os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil, notamos que algo pasara...pois había un pingüín e un iglú cun cartel que nos decía ESTOU PERDIDO.  Foron moitas as dúbidas que comezamos a ter, pois descoñecíamos tantas cousas que decidimos pedir axuda ás familias.



Comezou a chegar información, imaxes, contos ....que nos foron axudando cada vez máis. Puidemos ver quenes vivían no Polo Norte e no Polo Sur ata chegar a coñecer onde vivían os pingüíns.
No Polo Norte, vimos que vivían os esquimais, os osos, as focas, as morsas, as baleas.... e incluso profundizamos na vida dos esquimais para saber como eran as súas casas, que comían, como se desprazaban, como se saudaban...





Fixemos un iglú aproveitando así o reforzo do trazo vertical e horizontal e ademáis manipulamos poliespán para simular a neve e facer pequenos bloques de xeo para que o pingüín puidese saltar de bloque en bloque ata nós. 


E despois de investigar, puidemos ver que os pingüíns viven no Polo Sur. Miramos onde estaba, en que medio de transporte podíamos viaxar ata alí e dimos por feito que  alí facía moito moito frío, xa que  un día tivemos que rescatar a Pingüi porque quedou conxelado. Que disgusto...! Puxemos todas as ganas para intentar axudalo e poder sacalo do xeo e por suposto que o conseguimos, pero non foi doado...



Descubrimos que lle encanta comer peixes,por iso todos os días lle pescamos uns pouquiños para comer, mmmm están deliciosos e así traballamos a coordinación óculo-manual. 


Ademáis, aproveitando este proxecto fixemos diversas actividades para poder reforzar os contidos establecidos. Repasamos o nome dos animais e as vogais co noso ratiño, que nos axuda a  repasar as direccións, os números, as cores....Aproximámonos á  lecto-escritura a través dos pictogramas, crebacabezas de diferentes formas, fixemos copos de neve deixando voar a imaxinación, creamos un boneco de neve que era un crebacabezas en 3D. É moi divertido aprender xogando, tanto que nin nos damos conta de que estamos aprendendo. 




E como non, tamén  fixemos o noso pigüín para levar á casa, e cantamos e bailamos coa canción do pingüín .




Non podíamos rematar este proxecto sen a importancia do cambio climático, pois o quentamento global pon en perigo a moitos animais entre eles o pingüín, polo que falamos sobre algunhas das medidas a ter en conta para axudar ao medio ambiente e aos pingüíns. E para ser máis conscientes deste problema apadrinamos a un pingüín. Podedes pinchar aquí para ver o noso certificado: Certificado de apadrinamento

Foi un pracer, poder axudar a Pingüi. Moitas grazas familias, sen a vosa colaboración non sería tan doado investigar.


Estamos aprendendo moito e iso gústanos un montón!!

xoves, 14 de febreiro de 2019

Aula de Apoio "presentación"

QUÉ É A AULA DE APOIO? QUÉ FAI A MESTRA DE APOIO COÑECIDA COMO "A PT"?


No noso colexio dispoñemos da axuda dunha mestra de pedagoxía terapéutica coñecida sempre como a mestra de "PT".

Ser PT non é sacar ao alumno/a da clase para que perda as vivencias da aula senon que, é quedarnos na clase para que haxa INCLUSIÓN.

 A mestra PT dedicase a algo máis que atender a nenos con necesidades, facer adaptacións , buscar material, metodoloxías… a mestra PT, igual que fan as titoras, loita polos dereitos dos nenos e ensina coa mente aberta e dende o corazón....

A mestra de apoio non é unha extraterrestre que traballa con nenos e nenas, é unha mestra con vocación que traballa en coordinación coas titoras, que vela e aprende dos seus alumn@s innovando, despertando imaxinación, fomentando valores, motivando, xogando..

"Os nenos son como bolboretas no aire. Algúns poden voar máis alto que outros pero cada un voa da mellor forma que pode. Cada un é fermoso e único"


En definitiva, a mestra de apoio é algo imprescindible no proceso educativo dos nenos e que axuda a que os alumn@s desperten intereses de xeito diferente  porque como decía Vygotsky(1965) 

“Lo que los niños pueden hacer hoy juntos, podrán hacerlo solos mañana” 
  
Asi que invitamosvos a tod@s a que pasedes por aquí e vexades as actividades que realizamos!!






mércores, 13 de febreiro de 2019

SEGUNDO TRIMESTRE

Estamos no segundo trimestre e co motivo de que xa comezou o inverno e que en educación infantil os nenos e nenas estaban facendo mini proxectos dos animais de inverno....en estimulación aproveitamos o interese e realizamos actividades súper divertidas!
















ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre do curso realizamos actividades realcionadas  co soplo, praxias bucofonatorias, movementos de lingua,  e todo isto sen olvidarnos de que etivemos en outono e  que festexamos o nadal!