Amosando publicacións coa etiqueta INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de maio de 2023

XXVII Día da Ciencia na rúa

 Este ano retomamos a nosa participación na Ciencia Rúa e non podemos estar máis contentos/as.


Moitas grazas aos nosos pequenos/as que o fixeron xenial, a todas as familias pola vosa colaboración, a todos/as os antigos/as alumnos/as polas vosas visitas e a todo o Equipo Docente pola vosa dedicación.

Aquí tedes unha mostra da nosa Haima no parque de Santa Margarida:




















VÉMONOS NA SEGUINTE EDICIÓN!


martes, 4 de maio de 2021

Día do libro

 




 O día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o Día Internacional do Libro.

Esta celebración remóntase a comezos do século XX, cando a  Conferencia Xeral da UNESCO decidiu elexir esta data por varios motivos:

  • O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
  • Para alentar a todos e todas, en particular aos máis xóvenes, a descubrir o placer pola lectura e respectar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Dende o Cole tamén queremos fomentar este placer pola lectura con diferentes actividades que realizamos cos nosos/as compañeiros/as
























venres, 29 de xaneiro de 2021

Adeus ó primeiro trimestre de Educación Infantil

 Ola familias!!

Durante o primeiro trimestre estivemos traballando moito, por iso queremos compartilo con vós para que poidades ver algunhas das actividades que se levaron a cabo na aula. Foron auténticos heroes e heroínas pois as dinámicas cambiaron moito e adaptáronse moi ben.  

Nestas actividades poderedes ver como realizaron tarefas de lóxica-matemática, conceptos abstractos, lecto-escritura, manipulación sensorial, elementos naturais, cantigas e bailes, psicomotricidade fina e mooooooooooooooooita ilusión. 


Esperemos que desfrutedes tanto coma nós...













                                               ( Dádelle doble clic e accededes o vídeo)



   Un saúdo das mestras de Educación Infantil 







xoves, 6 de febreiro de 2020

Polo inverno, a ovelliña danos la.

O frío está aquí. O inverno vai convivir con nos uns meses e debemos abrigarnos. As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil están traballando moito para non pasar frío e é por iso que lle están a pedir la , á ovelliña, para abater o frío.

A pesar do frío, poidemos disfrutar igualmente e  fixemos o noso boneco de neve, pero primeiro aproveitamos para manipular a "neve "e para deixar voar a nosa imaxinación. Unha vez que o fixemos, con moita delicadeza, engadimos o nariz, os ollos e a boca, repasando así algunhas das partes da cara. Despois continuamos polo corpo engadindo brazos e....seguramente vexades poucos así pero..., as peques e os peques consideraron que necesitaba unhas pernas, e aquí están.


Para poder abater tanto frío , a nosa ovelliña, que xa levaba uns días pola clase....comezou a darnos lá para poder facer as prendas de abrigo e así pasar un bo inverno. Con esta actividade, intentamos traballar a motricidade fina e ademais seguir traballando o esquema corporal. Tamén nos iniciamos na lecto-escritura, agora que xa case sabemos escribir o noso nome.... toca escribir tamén o da ovelliña. 





 Que ben cosen as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil!!










Como ben sabedes, se aprendemos dunha forma divertida sempre pode ser máis doado, por iso as peques e os peques xogaron coa "caixa das sorpresas". O/a peque metía a man e debía adiviñar a través do tacto que había dentro e o resto de compis ían facendo preguntas para adiviñar que era. Tamen xogamos ao "quen é quen", onde o/a peque poñía as gafas cunha imaxe e debía adiviñar que imaxe tiña polas pistas que lle daban os seus compis. Ao principio era un pouco difícil non poder decir a palabra, pero pouco a pouco foron desenvolvendo técnicas de pensamento para non decir o nome. Contamos ovellas dunha forma moi divertida , fixemos quebracabezas e fixemos parellas de iguais coas ovelliñas, cada ovella coa súa parella.




Tamén aprendimos da man da nosa pizarra dixital , xogando a xogos de memoria, iniciación na lecto-escritura....





Aproveitando que nos gustou tanto este conto, decidimos levalo á casa para ler. Agora a nosa mochila viaxeira anda de casa en casa, axudando ás peques e ós peques a desfrutar da lectura e así poder compartir coas súas familias este precioso conto. Atentas e atentos , se aínda non chegou á túa casa podería estar a chegar. Recordade tratar o conto con moito cariño para que outras e outros peques poidan seguir desfrutando.




Para rematar este proxecto, fixemos as ovellas de cores que nos axudaron a comprender que todos somos diferentes. Non temos a mesma cor de pel , pero no que si coincidimos é que nos gusta que nos traten ben, nos digan cousas bonitas, nos axuden, compartan con nós....



E así aprendemos un montón de cousiñas no Colexio Cid, esperemos que vos guste moito e xa sabedes, se tedes frío, podedes pedirlle á nosa ovelliña un pouco de la. 

sábado, 26 de outubro de 2019

Que sorte temos!

Todo comezou fai unhas semanas cando a mestra propuxo... 
"facede un folleto informativo do voso lugar de procedencia ou da vosa familia"

E vós o convertíchedes en toda unha experiencia!

Sen movernos da nosa cadeira descubrimos a nosa cidade de mans da Torre de Hércules, descubrimos tradicións e recunchos  descoñecidos de Galicia (Cedeira, Costa da Morte, Miño...)

E descubrimos novos países (Georgia, China, Colombia, El Salvador, Perú, Paraguay, Italia, Brasil e Nigeria) novas culturas e incluso...novos sabores !!