domingo, 24 de decembro de 2017

O Doce Nadal

E chegou o inverno cargado de cor, panxoliñas, festivais e moitísima ilusión.

Coma todos os anos celebramos o festival de Nadal no centro sociocultural Ágora.
Durante semanas os/as alumnos/as prepararon, con moito agarimo, diferentes actuacións para desfrutar coa compaña das súas familias, amigos/as e exalumnos/as.


                           




Tamén recibimos unha visita moi especial, a de Papá Nöel e a súa axudante que viñeron a recoller as nosas cartas e a escoitar os nosos desexos para esta noite tan especial.



 





 O Equipo Directivo e o claustro do CPR CID deséxalles unhas felices Festas e o Próspero ano novo 2018.
Vémonos en Xaneiro!



sábado, 23 de decembro de 2017

DIVERTÍMONOS COAS MATES

Durante este trimestre, ademais de traballar coas fichas, libros e libretas e xogar con algús xogos interactivos que temos colgados no blogue, os nenos do cole estiveron a realizar algunhas actividades máis manipulativas e xogos relacionados coas Matemáticas.
Aquí vos deixamos algúns exemplos destas sesións que tanto lles gustan aos nenos.





martes, 12 de decembro de 2017

Taller de Cupcakes Navideños

¡Diviértete haciendo y decorando ricos cupcakes en el cole!

Sábado 16 de diciembre de 11-13h 

Este sábado tendremos en el cole una actividad divertida y diferente: haremos cupcakes con nuestros compañeros y compañeras del cole. Realizaremos la masa, la hornearemos y decoraremos una rica cupcake con fondant para llevárnosla a casa.

¡¡Recuerda traer tu delantal!!


Primer Taller de Galletas decoradas



Que divertido!

O primeiro taller de galletiñas decoradas!

 Menudos reposteiros/as estades feitos!


Os rapaces/zas pasárono xenial facendo as súas propias galletiñas e, a verdade... Teñen unha pinta fantástica!!Seguro que estaban boísimas!




martes, 5 de decembro de 2017

Lecturas de outono con Tico

Os nosos alumnos/as aproveitaron o bó tempo que nos acompañou fai unhas semanas para saír con Tico, a Mascota da biblioteca, ao parque do Paseo das Pontes. Alí fixemos lecturas sobre o outono e recollimos follas secas para logo traballar na aula.

Os alumnos de 1º e 2º demostraron os seus avances na lectura:









E os  maiores do colexio mostraron a súa responsabilidade acompañando aos peques de infantil e recitáronlles poemas e adiviñas sobre esta magnífica estación.





























Foi unha mañá incríble!

Coas folliñas recollidas fixeron un montón de actividades: clasificación por tamaños, estampacións, decoracións...






venres, 24 de novembro de 2017

Visita a casa de Rosalía de Castro

Os alumnos/As de 3º de E.P. visitraon o Museo da Casa de Rosalía de Castro.

Na Coruña, viviron personaxes ilustres que tiveron unha relación destacada coa cidade e axudaron a construír parte da nosa Historia.
Os espazos que habitaron son na actualidade lugares de visita convertidos en museo e intentan achegar ao público á súa vida cotiá a través do contacto coas casas que habitaron e xerar interese por coñecer o seu pensamento e a súa historia.


domingo, 19 de novembro de 2017

Como nos gusta o outono!

O outono chega sempre cargado de moitas actividades e cousas novas por descubrir.

Un ano máis, os peques de infantil recibiron a visita dos alumnos/as de 6º que lles falaron das froitas e froitos do outono...Que ricas estaban!





E para rematar a semana celebramos o magosto  todos/as xuntos/as cunhas ricas castañas asadas que botamos nos nosos portacastañas e temos que decir que temos grandes artistas!!

Noraboa aos gañadores!









luns, 13 de novembro de 2017

Charla



Dende a Comisión de Convivencia do noso centro xorde a idea de formar unha escola de pais e nais coa que iremos ofertando distintos talleres, charlas...

Daremos comezo coa charla "Tipos e diferenzas entre os estilos educativos e as súas consecuencias" que terá lugar o vindeiro mércores 22 de novembro ás 19:30 no noso Centro coa colaboración da Fundación Amigó.

Recordade que tedes ata este mércores para apuntarvos.

xoves, 9 de novembro de 2017

O Samaín no Colexio

Estes días o Colexio sufriu una estrana transformación.....




Cousas raras están a suceder...





Tende coidado non vos atopedes co grupo de teatro que da moitísimo medo...




domingo, 5 de novembro de 2017

A Biblioteca

Durante estes días estivemos a presentarvos a un novo amiguiño que nos acompañará durante todo o curso....Tico.



Aos máis pequenos do Cole contoulles unha aventura da súa viaxe ata chegar a nosa cidade:




Este ano fará moitas actividades cos nosos nenos/as e irá colgando as novidades da Biblioteca no seu  blog.



(preme na imaxen para ir ao blog)

luns, 30 de outubro de 2017

Tico recomenda...

Facemos esta entrada para informarvos que no novo blogue da biblioteca tedes unha sección na que Tico irá recomendando diferentes lecturas ao longo do curso. Para atopalo tedes que pulsar nun símbolo de tres raias que se atopa na parte superior esquerda da páxina. 

Nestas datas cercanas ao Samaín e á celebración do Magosto, Tico recomenda as seguintes lecturas :





Todos este libros podedes atopalos na biblioteca do cole.



Animádevos a recomendar tamén vós as vosas lecturas favoritas na sección " Os nenos/as te recomendan" 

Se preferides ler na vosa tablet ou ordenador deixámovos un enlace ao conto " Un Halloween diferente "