luns, 22 de maio de 2023

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-2024

O pasado venres publicouse no DOG a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

O prazo para a entrega de solicitudes será do 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, ambos incluídos.

Modo de presentación:

- De xeito presencial: na secretaría do centro.

- De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros. Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2022/23. 

O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtida a praza para o curso 2023/2024.

Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2022/2023.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

ANEXOS 

PRAZOS 

 

sábado, 20 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, periodista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.

Francisco naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Era o primeiro dos once fillos e fillas que tiveron Vicente e Amada.

Os estudos primarios e os primeiros cursos de bacharelato fíxoos en Lourenzá e rematou o bacharelato como interno nun colexio de Monforte de Lemos. Aos dezasete anos Francisco marchou cos seus pais e irmáns a Madrid e matriculouse na facultade de Dereito da Universidade Complutense. Ao volver a Galiza rematou os estudos de Dereito, deu clases en dous colexios de Vigo e traballou nun bufete de avogados desta mesma cidade.

Foi un gran traballador polo idioma galego: escribiu en moitos xornais e revistas, fundou a Editorial Galaxia, presidiu a Fundación Penzol, dirixiu a revista Grial, traballou na BBC (emisora inglesa) facendo programas en galego, foi membro da Real Academia Galega e presidiuna durante catro anos... Tamén escribiu moitos libros: Danzas populares galegas, Historia da literatura galega, Galicia no espello, O Camiño de Santiago, A pesca galega de mar a mar, etc.

Francisco recibiu as Medallas de Ouro de Galicia e a de Castelao e foi precisamente el quen propuxo a creación do Día das Letras Galegas, para homenaxear ás persoas que defenderan o idioma e a cultura galega.

No Colexio traballamos a reo para conmemorar o noso día, deixámosvos coas imaxes.  

EDUCACIÓN INFANTIL





EDUCACIÓN PRIMARIA













venres, 19 de maio de 2023

DÍA DA FAMILIA

 O Día da Familia é  unha celebración da unidade e o amor.....

No noso colexio estivemos durante esta semana facendo actividades que fan fincapé na familia e o importante que é na nosa vida.

A familia é o lugar onde aprendemos a amar, a compartir e a medrar  como seres humanos. Por iso, o Día da Familia é unha data moi especial que se celebra en diferentes partes do mundo  e tamén no colexio para resaltar a importancia deste núcleo social e festexar todo o que nos une, posto que ALUMNADO-FAMILIAS-DOCENTES tamén somos unha FAMILIA! 

Celébrase cada ano o 15 de maio, e foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1993. O seu obxectivo é fomentar a reflexión sobre os desafíos que enfrontan as familias na actualidade, promover políticas que as protexan e fortalezan os lazos familiares.

A familia é unha institución que evolucionou ao longo do tempo, e que hoxe en día se manifesta en diferentes formas. Non hai unha única definición de familia, xa que cada grupo ten as súas propias características e dinámicas. Con todo, o que si é común en todas as familias é o AMOR e a SOLIDARIEDADE que se comparte entre os seus membros.

O Día da Familia é unha ocasión perfecta para honrar aos nosos seres queridos e celebrar a nosa unidade como grupo. Podemos aproveitar esta data para organizar actividades en familia, compartir momentos de calidade, lembrar anécdotas e anhelos, e novos recordos. Tamén podemos reflexionar sobre o que significa ser familia, e como podemos fortalecer os nosos lazos e apoiarnos sempre.

En definitiva, o Día da Familia é unha oportunidade para lembrar o valioso que é a nosa familia, e para reafirmar o noso compromiso de coidarnos e apoiarnos. Celebremos este día con alegría e gratitude, e lembremos que a nosa familia é un tesouro que debemos coidar sempre.

Aquí vos deixamos uns bonitos retratos que mostran un cachiño do que estivemos a facer esta semana de conmemoración.

Esperamos que vos guste moito 

FAMILIA!!

4º E.I. (3 ANOS)



5ºE.I. (4ANOS)


6º E.I. (5ANOS)



PRIMARIA















RECORDADE:  "O MELLOR LEGADO DUNHA FAMILIA AOS SEUS FILLOS, É UN POUCO DE TEMPO CADA DÍA" León Bautista Alberti

martes, 16 de maio de 2023

Últimas saídas

Deixamos a continuación varias imaxes das saídas realizadas nas últimas semanas:

3º Primaria ao Acuarium Finisterrae



3º, 4º e 5º Primaria ao Festival Internacional de Animación





1º e 2º Primaria ao Concerto Didáctico Rumbo a Divertimento





      4º e 5º Primaria ao Parque de Bombeiros




xoves, 11 de maio de 2023

XXVII Día da Ciencia na rúa

 Este ano retomamos a nosa participación na Ciencia Rúa e non podemos estar máis contentos/as.


Moitas grazas aos nosos pequenos/as que o fixeron xenial, a todas as familias pola vosa colaboración, a todos/as os antigos/as alumnos/as polas vosas visitas e a todo o Equipo Docente pola vosa dedicación.

Aquí tedes unha mostra da nosa Haima no parque de Santa Margarida:




















VÉMONOS NA SEGUINTE EDICIÓN!