Ola familias! Esta semana no colexio estivemos conmemorando o día internacional contra o acoso escolar, un problema que por desgracia cada día está máis presente no sistema educativo. A partir desta problemática, dounos pé a traballar o respeto as diferencias e tamén a educación emocional, a cal é fundamental para o desenvolvemento integral do neno/a xa que lle permite xestionar as súas propias emocións e poñerse na situación das demais persoas que o rodean.
Doutra banda, conmemoramos tamén a igualdade de trato e non discriminación LGTBI transmitindo ao alumnado valores de respecto, empatía e de novo a aceptación das diferencias. Polo tanto, cabe destacar que para aprender novos coñecementos sobre estas dúas temáticas, os alumnos/as dos diferentes cursos levaron a cabo propostas educativas moi orixinais tal e como podedes ver a continuación:
4º EDUCACIÓN INFANTIL
Os máis pequenos desfrutaron de tres contos preciosos: "El jardín de los abrazos", "Tres con Tango" e "Orejas de mariposa". Asemade, pódese observar que gozaron moito elaborando e xogando co casco do protagonista do filme: "Wonder".
5º EDUCACIÓN INFANTIL
Os alumnos/as desta aula leron o conto: "El jardín de los abrazos" a partir do cal entenderon o que era o acoso escolar e aprenderon como deben actuar se algo así lles está a ocorrer. Tamén elaboraron o buzón da emoción e tiveron a oportunidade de expresar as súas emocións libremente. Ademais, como os máis pequenos tamén gozaron moito elaborando o casco de "Wonder". Por último, mancháronse cun pouco de pintura elaborando un mural de non discriminación LGTBI.
6º EDUCACIÓN INFANTIL
Como podedes ver nas seguintes fotos, os maiores da etapa elaboraron unha preciosa flor da amizade cunha foto de todo o grupo e tamén leron o conto: "El jardín de los abrazos".
1ºEDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de primeiro tamén leron os contos: "Orejas de mariposa" e "El jardín de los abrazos" para despois gardar as emocións vividas no buzón das emocións.
Os alumnos/as de segundo leron os contos: "Monstruo rosa", "Pecas" e "Orellas de bolboreta" e ademais, realizaron a visualización dun corto titulado: "No juegues conmigo".
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
Os alumnos/as de terceiro tamén leron o conto "El jardín de los abrazos", elaboraron un mural onde recompilaron palabras e debuxos do conto e analizaron se estas eran positivas ou negativas.
TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS DE 1º, 2º E 3º DE E. P.
Esta semana levaron a cabo unha dinámica onde viron o importante que é falar en positivo para evitar o acoso e posteriormente escribiron palabras e debuxos agradables.
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
Este curso traballou o acoso escolar a partir dunha noticia do xornal de mércores a partir da cal reflexionaron e visualizaron dous vídeos: "No al bullying" e "Prevención del acoso". Ademais, tamén leron o conto "El jardín de los abrazos".
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
Os alumnos/as de quinto leron o conto "El jardín de los abrazos" o cal dou pé para debater sobre o acoso escolar e a súa prevención. Para finalizar, elaboraron un mural individual para conmemorar o día.
Doutra banda, os nenos/as falaron sobre o que significan as siglas LGTBI, expuxeron distintos puntos de vista e remataron coloreando as mans coas cores da bandeira LGTBI.
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Os máis maiores leron o conto: "El jardín de los abrazos" e levaron a cabo unha dramatización artística para reivindicar a problemática do acoso escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario