Información
- Páxina principal
- Calendario escolar 2026-2027
- Listado de libros e material escolar. Curso 2026-2027
- UNIFORME
- Estructura Organizativa curso 25-26
- EXTRAESCOLARES 25-26
- Plan de convivencia
- Plan dixital Centro
- Circulares 2025-2026
- Escola para pais e nais
- Servizos
- Contacto
- Normas de Organización e Funcionamento 25-26
- Documentos
- Aviso legal
- Xogos
luns, 15 de xaneiro de 2024
FELIZ ANIVERSARIO
xoves, 13 de abril de 2023
TERAPIA ASISTIDA
Este ano en Educación Infantil tivemos a sorte de contar co equipo de Candamin que desenvolveron no noso Colexio sete sesións de terapia asistida con cans cheas de xogos e maxia.
As Terapias
Asistidas con Animais (TAA) son intervencións dirixidas por profesionais
cualificados da saúde nas que se incorpora o can no proceso rehabilitador como
ferramenta motivadora.
Usuario,
terapeuta, guía e can son os catro elementos presentes na intervención e todos
interactúan entre si. A través das sesións conseguimos beneficios físicos, psíquicos,
psicolóxicos, cognitivos e sociais.
Grazas Lucía, Julia, Nata e Uva por esta gran experiencia, pois como dicía Jean Lacroix...
“hai palabras que nos cambian a vida, pero hai ladridos que nos cambian a alma”.
venres, 29 de xaneiro de 2021
Adeus ó primeiro trimestre de Educación Infantil
Ola familias!!
Durante o primeiro trimestre estivemos traballando moito, por iso queremos compartilo con vós para que poidades ver algunhas das actividades que se levaron a cabo na aula. Foron auténticos heroes e heroínas pois as dinámicas cambiaron moito e adaptáronse moi ben.
Nestas actividades poderedes ver como realizaron tarefas de lóxica-matemática, conceptos abstractos, lecto-escritura, manipulación sensorial, elementos naturais, cantigas e bailes, psicomotricidade fina e mooooooooooooooooita ilusión.
Esperemos que desfrutedes tanto coma nós...
Un saúdo das mestras de Educación Infantil
martes, 16 de xuño de 2020
Educación Infantil: FELIZ VERÁN!!!!!!!!!
TRES ANOS
luns, 8 de xuño de 2020
Educación Infantil: PARABÉNS!
martes, 2 de xuño de 2020
Educación Infantil: Día do medio ambiente; O mundo mariño
A contaminación afecta en todos os sentidos, pero este ano centrarémonos na contaminación do mundo mariño. Deixámosvos uns vídeos que vos invitan a reflexionar e concienciarse da problemática que estamos a vivir.
Recordamos agora os nomes dalgúns animais mariños en inglés? acordarédevos de moitos seguro! Imos probar!
Aínda que non é real, xa que os músicos dunha orquestra non poden estar nunha pequena plataforma no medio do océano como se fora un escenario, a música que escoitamos si é de verdade. Os instrumentos como o violín, o violoncello, as trompas, a tuba e as trompetas, conseguen imitar a música dos océanos, a fala dos animais marinos, case a perfección.
Outra actividade que vos propoño esta semana é unha relaxación, un descanso do corpo e da mente. Escoitando sons de golfiños e baleas,tumbámosnos panza arriba cos ollos pechados, cunha luz tenue e sen ruidos do exterior.Concentrámosnos na música e desfrutamos da tranquilidade e da paz que nos dan eses sons.
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Esta semana continuando na liña das vosas profes titoras, e vendo que o mundo mariño vos gusta moito moito quero deixarvos una actividade que de seguro vos vai encantar..
Imos pescar peixes cunha palliña, e cómo imos facelo?
MATERIAIS:
- un recipiente
- colorante azul
- film
- palliña
- auga
- peixes recortados (poden ser debuxados por vos, feitos de periódico, fotos,...)
A practicalo e divertirse moito!!
4º Educación Infantil
Cando comezou o confinamento, as e os peques de 4º de Educación Infantil estábamos a traballar nun proxecto, para axudar aos nosos amigos os pingüíns. Con eles fixémonos especialistas en reciclaxe pois debíamos axudalos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que estabamos a facer...
- Relaciona coa súa sombra
e se facemos construccións na area?
- Arte mariña
Seguramente teñades botellas de plástico pola casa ou algún rollo de papel hixiénico... poderedes facer un xogo ou mesmo decoración para as vosas casas con este material, así poderedes reutilizalo e colaborar co medio ambiente.
- Un cartón,
- témpera ou pintura azul,
- pegamento ou cola branca,
- lentellas ou alubias,
- papel de seda verde ou pintamos un folio de verde,
- un globo.
Pintamos o cartón con pintura ou témpera azul.
Nunha esquiniña poñemos o pegamento ou a cola e pegamos as lentellas ou as alubias.
Rasgamos o papel de seda en tiras ou o cortamos coas tesoiras de despois o arrugamos e volvemos a estiralo.
Botamos pegamento na parte de abaixo onde imos pegar o papel de seda e un pouquiño tamén arriba para que as nosas algas non se caigan.
O máis difícil será inflar o globo e facerlle o nudo, para o que necesitaremos a axuda dun maior.
Facémoslle o ollo cun rotulador ou lle pegamos un papeliño negro.
E, se queremos, decoramos o mar con gomets ou con pintura azul de distintas cores.
Ola familias, saber reciclar todos os residuos, respetar o Medio Ambiente e coñecer qué podemos facer para perservar a nosa natureza, son grandes ensinanzas e retos, que tanto pais como mestres temos por diante. É necesario que @s cativ@ medren tendo a mentalidade de que coidar o noso entorno é primordial; de todo eso depende a nosa saúde...
Despois de ver e desfrutar os videos vamos a xogar cuns xogos de intelixencia e habilidades.
- LECTURA, vamos a ler sobre o peixe Tony e contestar as preguntas da ficha interactiva. Recordade pinchar no título azul clariño. Ánimo!
- SOPA DE LETRAS, repasando o abecedario encontraredes palabras de animais mariños, tedes que pensar moito e aprenderedes palabras novas en galego de forma moi divertida. Poderedes xogar en grupo potenciando as habilidades das estratéxias espontáneas.
Lóxica matemática.
- MEMORY, aumentaremos a nosa atención e memoria. Farémolo moitas veces e así adiviñaremos moi rápido donde se atopan os animais.
Animales mariños
- PUZZLE, conseguiredes relaxarvos facendo éste fondo mariño, vades a xerar moita satisfación o conseguír facelo (deberedes estar moi atent@s).
Mundo mariño
- SUMAS, repasaremos operaciones sinxelas.
SUMAS CON PEIXES
E xa que esta situación non nos deixou facer a nosa saída ao Aquarium da Coruña para coñecer un pouco máis sobre o fondo mariño, deixámosvos diferenres visitas virtuais.
Aquarium Barcelona
Aquarium Finisterrae Coruña
Esperemos que difrutedes destas visitas virtuais, podedes aproveitar e mirar no mapa donde está situado cada un deles, cal está máis lonxe, máis cerca... e sobre todo recordar a importancia de coidar o noso medio ambiente.











































