O noso calendario marca o mes de xuño.
Iso quere dicir que xa estamos na recta final do cuso 2019-2020, un curso que xamáis imaxinamos rematar así, pero que sacou todo o mellor de nós, adaptándonos ao que algún día nos parecía imposible e sobre todo superando as nosas expectativas. Se isto o aplicamos a peques de 3, 4 e 5 anos, pois tamén ten o seu mérito, e é por iso que as mestras de Educación Infantil queremos darvos as grazas e compartir con todas e todos algunhas mostras das actividades que se realizaron durante este tempo, o que nos axudou a aprender doutra forma e marcou nas nosas vidas, un antes e un despois.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Como fostes as nosas heroínas e os nosos heroes preferidos, aquí vos deixamos a medalla e o diploma que vos merecedes.
A divertiiiiiirse!
Premede na imaxe para facer o quebracabezas da medalla!!
Premede nos diplomas para descargalos e pintalos...
...ou para pintalos on line!
GRAZAS POR TODO FAMILIAS, foron días duros e inxustos para a infancia pero coa vosa axuda e cariño todo saíu ben, de seguro que os peques do futuro serán máis fortes pola vosa labor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario