O 5 de xuño celebrase o día Mundial do Medio Ambiente, data na cal se pretende facer un chamamento especial para motivar ás persoas a reflexionar sobre o consumo e como podemos evitar moitas das situacións que tanto perxudican o noso planeta.
A contaminación afecta en todos os sentidos, pero este ano centrarémonos na contaminación do mundo mariño. Deixámosvos uns vídeos que vos invitan a reflexionar e concienciarse da problemática que estamos a vivir.
Recordamos agora os nomes dalgúns animais mariños en inglés? acordarédevos de moitos seguro! Imos probar!
MÚSICA
Aínda que non é real, xa que os músicos dunha orquestra non poden estar nunha pequena plataforma no medio do océano como se fora un escenario, a música que escoitamos si é de verdade. Os instrumentos como o violín, o violoncello, as trompas, a tuba e as trompetas, conseguen imitar a música dos océanos, a fala dos animais marinos, case a perfección.
Outra actividade que vos propoño esta semana é unha relaxación, un descanso do corpo e da mente. Escoitando sons de golfiños e baleas,tumbámosnos panza arriba cos ollos pechados, cunha luz tenue e sen ruidos do exterior.Concentrámosnos na música e desfrutamos da tranquilidade e da paz que nos dan eses sons.
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Esta semana continuando na liña das vosas profes titoras, e vendo que o mundo mariño vos gusta moito moito quero deixarvos una actividade que de seguro vos vai encantar..
Imos pescar peixes cunha palliña, e cómo imos facelo?
MATERIAIS:
4º Educación Infantil
Cando comezou o confinamento, as e os peques de 4º de Educación Infantil estábamos a traballar nun proxecto, para axudar aos nosos amigos os pingüíns. Con eles fixémonos especialistas en reciclaxe pois debíamos axudalos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que estabamos a facer...

- un recipiente
- colorante azul
- film
- palliña
- auga
- peixes recortados (poden ser debuxados por vos, feitos de periódico, fotos,...)
ELABORACIÓN
No recipiente temos que poñer auga mediada, añadir colorante para darlle cor, e envolvelo con film para que non nos saia fóra.
Os peixes recortados iremos intentando recollelos coa palliña, facendo absorción como se de un zume se tratase e tentaremos poñelo no recipiente con auga sen que caiga.
Cada vez que encestemos, faremos o son do peixe, Sabedes como é? Tamén podedes poñer letras no reverso ou sílabas e ir decindo as que recollemos. O importante de todo é falar e falar, comunicarse, expresarse,...
Aquí vos deixo unas fotiños de anos anteriores que mostra o ben que o facíades!
A practicalo e divertirse moito!!
A practicalo e divertirse moito!!
Se queredes podedes probar a facelo na Praia, colledes auga nun cubiño e levades os peixes recortados e tentades botalos, tamén é moi divertido!
Lembrade que se queredes podedes enviar alguna fotiño.
Mándovos un bico de balea... moi moi grande !!!
4º Educación Infantil
Cando comezou o confinamento, as e os peques de 4º de Educación Infantil estábamos a traballar nun proxecto, para axudar aos nosos amigos os pingüíns. Con eles fixémonos especialistas en reciclaxe pois debíamos axudalos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que estabamos a facer...
Agora toca celebrar o día Mundial do Medio Ambiente, no cal todas e todos estamos participando, porque xa sabemos como debemos de reciclar, reutilizar, reducir o consumo de certos materiais... por iso vos propoño as seguintes actividades.
- Clasificamos o lixo
Para repasar en que contenedor podería ir o lixo, que vos parece se axudamos a clasificalo?
- Emocións do mundo mariño
Reducindo, reutilizando e reciclando, axudaremos a manter un ambiente máis limpo e saudable para todas e todos. A nós gústanos ter todo limpo, e a os animais mariños? Adiviñade como se senten os animais co lixo e sen o lixo....
(Na marxe dereita hai varias opcións para cambiar de plantilla, e así o xogo pode ir variando, aínda que as preguntas e as respostas sexan as mesmas, sempre os pode motivar máis)
- A lateralidade
Os peixes, para desprazarse polo mar, nadan... busca un peixe que nade na mesma dirección e sexa igual que o peixe que se vos presenta.
- Relaciona coa súa sombra
No mar, non soamente podemos atopar peixes, hai algún animal mariño máis... busca a súa sombra e relacionao co animal correspondente. Ademais, comenta como se chama, de que cor é....
E se tedes oportunidade de ir á praia, que vos parece se xogamos a facer series coas cunhas que atopedes?
e se facemos construccións na area?
e se escribimos ou debuxamos na area?
Se non imos á praia sempre podemos facer a nosa bandexa sensorial e facer isto mesmo nela, poñendo area, azucre, sal... nun recipiente e deixar que eles escriban ou debuxen, agochar xoguetes na bandexa para que os atopen e falar sobre as carcterísticas dos xoguetes...
- Arte mariña
Seguramente teñades botellas de plástico pola casa ou algún rollo de papel hixiénico... poderedes facer un xogo ou mesmo decoración para as vosas casas con este material, así poderedes reutilizalo e colaborar co medio ambiente.
E incluso, déixovos un vídeo por si queredes reutilizar algunha camiseta que xa non vos sirva, que non utilicedes... para facer unha bolsa da compra e así evitar os plásticos que tanto dano nos fan. Ademais, coa situación que estamos a vivir, podería lavarse despois de cada compra, sen dificultade.
Para facer partícipes as e os peques, poderían decorala ao seu gusto e tamén cortar coas tesoiras, marcando previamente, un adulto, a zona pola que deberían cortar.
Animádevos e enviádenos as vosas creacións, se nos autorizades, publicarémolas aquí. Seguro que lles fai moita ilusión ver as súas actividades e as dos seus compis.
Ánimo familias, xa estamos na recta final e estades a facelo moi ben.
Unha aperta!!
5º Educación Infantil
Seguro recordaremos cando vimos en clase a tartaruga co plástico arredor do corpo, as bolsas de plástico no mar semellando medusas, a foca enredada na rede... Estas son cousas que podemos evitar, e como? pois intentando sempre levar a nosa propia bolsa ao mercado ou non tirando cousas ao chan e gardalas ata buscar un lugar apropiado onde botalas...
Lectoescritura e lóxica matemática: Veña! sigamos xogando e aprendendo! Premede na imaxe e... a xogar!
Arte: Fagamos o noso propio fondo mariño!
Para iso necesitaremos:
- Un cartón,
- témpera ou pintura azul,
- pegamento ou cola branca,
- lentellas ou alubias,
- papel de seda verde ou pintamos un folio de verde,
- un globo.
Pintamos o cartón con pintura ou témpera azul.
Nunha esquiniña poñemos o pegamento ou a cola e pegamos as lentellas ou as alubias.
Rasgamos o papel de seda en tiras ou o cortamos coas tesoiras de despois o arrugamos e volvemos a estiralo.
Botamos pegamento na parte de abaixo onde imos pegar o papel de seda e un pouquiño tamén arriba para que as nosas algas non se caigan.
O máis difícil será inflar o globo e facerlle o nudo, para o que necesitaremos a axuda dun maior.
Facémoslle o ollo cun rotulador ou lle pegamos un papeliño negro.
E, se queremos, decoramos o mar con gomets ou con pintura azul de distintas cores.
Animádesvos a facelo?
6º Educación Infantil
Ola familias, saber reciclar todos os residuos, respetar o Medio Ambiente e coñecer qué podemos facer para perservar a nosa natureza, son grandes ensinanzas e retos, que tanto pais como mestres temos por diante. É necesario que @s cativ@ medren tendo a mentalidade de que coidar o noso entorno é primordial; de todo eso depende a nosa saúde...
Despois de ver e desfrutar os videos vamos a xogar cuns xogos de intelixencia e habilidades.
Lectoescritura.
- LECTURA, vamos a ler sobre o peixe Tony e contestar as preguntas da ficha interactiva. Recordade pinchar no título azul clariño. Ánimo!
- SOPA DE LETRAS, repasando o abecedario encontraredes palabras de animais mariños, tedes que pensar moito e aprenderedes palabras novas en galego de forma moi divertida. Poderedes xogar en grupo potenciando as habilidades das estratéxias espontáneas.
Lóxica matemática.
- MEMORY, aumentaremos a nosa atención e memoria. Farémolo moitas veces e así adiviñaremos moi rápido donde se atopan os animais.
Animales mariños
- PUZZLE, conseguiredes relaxarvos facendo éste fondo mariño, vades a xerar moita satisfación o conseguír facelo (deberedes estar moi atent@s).
Facer quebracabezas mantén activa a curiosidade e mellora a capacidade de resolución de problemas.
Mundo mariño
- SUMAS, repasaremos operaciones sinxelas.
SUMAS CON PEIXES
Arte: Convertir os residuos en xogos axúdannos a reciclar. Con creatividade podemos obter obxectos moi chulos e personalizados.
Propóñovos facer uns PEIXES; é moi doado de construír con botellas de plástico.Vamos a esmagar (con pés ou mans) polo medio da botella deixando o fondo para que nos sirva de cola, unha vez esmagado e coloreado cortamos a parte máis estreita e voilà!!!!
Espero os vosos!!!
Agora que vades ir moito á praia observade e charlade c@s peques que os plásticos e basuras de todo tipo son un gran problema para o ecosistema mariño.
O noso gran cometido debería ser coidar, protexer e consevar o noso planeta da contaminación e lograr un mundo moito mellor.
FELIZ SEMANA FAMILIA,UNHA APERTA OS NOSOS HÉROES SEN CAPA.
E xa que esta situación non nos deixou facer a nosa saída ao Aquarium da Coruña para coñecer un pouco máis sobre o fondo mariño, deixámosvos diferenres visitas virtuais.
Aquarium Barcelona
Aquarium Finisterrae Coruña
Esperemos que difrutedes destas visitas virtuais, podedes aproveitar e mirar no mapa donde está situado cada un deles, cal está máis lonxe, máis cerca... e sobre todo recordar a importancia de coidar o noso medio ambiente.

Ademais, se vos apetece e tedes Facebook, e entrades na páxina de Museos Científicos Coruñeses, podedes ver a información que están compartindo estes días connosco, xa que é moi interesante.
Esperemos que difrutedes destas visitas virtuais, podedes aproveitar e mirar no mapa donde está situado cada un deles, cal está máis lonxe, máis cerca... e sobre todo recordar a importancia de coidar o noso medio ambiente.
As mestras de Educación Infantil
Ningún comentario:
Publicar un comentario