O
curso 2019-2020 remata, un curso que dende o 12 de marzo, nos faltou o
cariño das nosas e dos nosos compañeiros de clase, esas apertas e eses
recibimentos de afecto eran moi gratificantes. Moit@s de vós non vos
vistes e algúns soamente a través dunha pantalla... e os nosos corazóns,
non están preparados para iso, pois faltan os bicos e as apertas!
Decirvos
que xa queda menos para poder volver ao reencontro e poder expresar
todo o que vivimos e sentimos durante este tempo, por iso vos queremos
deixar algún recordo do ben que o pasamos durante o curso mentras
aprendíamos.
TRES ANOS
TRES ANOS
CATRO ANOS
CINCO ANOS
...pero
mentres esperamos o comezo do novo curso, as mestras de Educación
Infantil queren facervos unhas suxerencias para levar a cabo este verán.
Animádesvos a...
...chorar da risa,
saltar, bañarse na praia, na piscina, correr polo campo, facer
pompas... En definitiva, queremos que sexades moi felices e que
desfrutedes do verán, aínda que sempre con precaución e
responsabilidade, como o estivestes a facer ata agora.
As mestras de Educación Infantil
envíanvos un bico xigante para todas e todos, sempre ides a formar
parte da luz que nos guíe dende o corazón, porque cada curso que
pasa sodes capaces de apropiarvos dun pedaciño del...
Bo verán e felices
vacacións!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario