domingo, 18 de abril de 2021

7 de abril: Día mundial da Saúde

 Dende a súa proclamación pola Asamblea Mundial da Saúde o 7 de abril de 1948 (que coincide coa fundación da Organización Mundial da Saúde, OMS) o Día Mundial da Saúde foi escollido como unha data que xere conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e que cree hábitos sans nas persoas.

É por isto que no noso cole realizamos durante toda a semana diferentes actividades para recordar a importancia deste día, aínda que a adquisición de hábitos saudables é un tema que traballamos durante todo o curso a través da promoción das merendas saudables e dándolle moita importancia ao exercicio físico.







En infantil conmemoramos este día coa axuda da pirámide alimenticia. Lembramos todo o que necesita o noso corpo e os nosos dentes para medrar sanotes e tamén recordamos a importancia de ter a mente sá facendo prácticas saudables como o exercicio físico, relaxación e ioga. " Non esquezades papis e mamis que os nenos e nenas deben medrar nun benestar físico, psíquico e emocional".




Ademais na clase de 4 aniños aproveitamos a reforzar as figuras xeométricas, alimentos saudables e non saudables relacionados coas cores das emocións, seriacións, psicomotricidade fina, clasificación....














En primeiro e segundo traballamos sobre todo a pirámide alimentaria aprendendo vocabulario novo en galego e coñecendo como se escriben e realizan diferentes receitas saudables con peixe.










En terceiro e cuarto recordaron os hábitos de hixiene máis importantes así como a importancia de manter unha boa postura corporal nas actividades cotiás e o descanso. Tamén traballaron a alimentación coa pirámide.









En quinto fixeron unha merenda saudable e falaron da importancia de lavar ben os dentes e de manter unha dieta saudable. Tamén realizaron diferentes debuxos do que lles parecía  máis importantes para estar sans.







En sexto  traballaron os cambios de hixiene a través da historia https://www.youtube.com/watch?v=eboT-TFMTOE  e reflexionaron sobre que lles sucedería aos seus dentes se deixaran de lavalos https://www.youtube.com/watch?v=h8oGuZ-ZWEQ


Recordade familias que é moi importante que @s nos@s peques crezan nun entorno saudable tanto físico como emocional.





luns, 5 de abril de 2021

BOLSAS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022

Becas de comedores escolares | Concello de Cangas 

O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

 Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais ou na secretaría do centro (previa cita 981 255 244) e estarán tamén dispoñibles aquí e na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es). 

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial. 

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados.