Amosando publicacións coa etiqueta DÍAS ESPECIAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍAS ESPECIAIS. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de decembro de 2024

Felices festas!!

 O equipo docente do Colexio Cid quere desexarvos a todas as persoas que formades parte desta gran familia  unhas moi felices festas. 

















Feliz Nadal e feliz 2025!!








domingo, 14 de xullo de 2024

Excursión a Marcelle

 

A Educación ambiental é imprescindible para aumentar a conciencia sobre os problemas medioambientais, desta maneira os nosos pequenos e pequenas poderán tomar medidas máis responsables.

Como complemento a esta formación, a excursión de final de curso  os noso alumnado puido disfrutar dun día ao aire libre coñecendo diferentes animais e aprendendo a importancia da conservación do medio ambiente.

Un día cheo de emocións, descubrimentos e xogos cos amigos/as.







venres, 3 de maio de 2024

Día do libro 2024

 Un ano máis celebramos o día do libro. 

Todos sabemos que a lectura é a base de todo. É importante para todos/as e sobre todo, para nenos/as xa que aporta innumerables beneficios cognitivos como a mellora da concentración e da memoria, a adquisición de vocabulario necesaria para mellorar a nosa comunicacións cos demais e mellora a nosa flexibilidade mental e creatividade necesaria para solucionar os diferentes retos e problemas que van aparecendo no noso día a día. 

Ademais aporta tamén beneficios emocionais como axuda a reducir o estrés, nos fai máis empáticos e empáticas cando recoñecemos as emocións nas distintas personaxes e nos axuda a coñecernos mellor.

Por todo isto nos parece moi importante que atopemos momentos de lectura en familia. Deixamos algúns consellos para fomentalos: 

  • Somos modelos dos nosos nenos e nenas así que é importante que nos vexan ler e debemos fomentar neles o interés polos libros e a lectura.
  • Poñer libros ao alcance que respondan aos seus intereses
  • Ir con eles á biblioteca e lerlles contos.
  • Invitarlles a crear a súa biblioteca.
  • Habilitar un espazo para gardar os libros.
  • Encontrar un lugar agradable para ler.


No colexio realizamos diferentes actividades como a visita de contacontos e autores de libros lidos nas aulas e un intercambio de libros das nosas casas entre outras moitas. 

Aquí tedes a demostración destas e doutras actividades realizadas a semana pasada:

















Moitísimas gracias ao contacontos e escritor David Rodríguez pola súa divertidísima visita e noraboa a Nayla Orrego Mantilla polo seu deseño do marcapáxinas gañador deste curso.
















martes, 2 de abril de 2024

Recoñecemento como centro referente dos dereitos da infancia por Unicef

 O pasado venres 22 de marzo recibimos a visita de Marta e Ana para explicarnos a importancia que ten ser centro referente en dereitos da infancia e coñecer todo o traballo que fai Unicef especialmente na defensa dos nenos e das nenas de todo o mundo.




Algúns dos nosos alumnos e alumnas tamén participaron e nos deron a coñecer como funciona a Educación no seu país de orixe e do que poden facer eles polos dereitos da infancia. Unhas destas alumnas son dúas nenas de quinto de primaria que se animaron a participar no consello local da infancia de Coruña e recibiron o recoñecemento de Unicef no nome de tod@s @s compañeir@s do colexio.

Información sobre o Cliac

É importante que aprendan dende pequenos a que poden alzar a súa voz  dende o respecto e reivindicar os seus dereitos. Os nenos e nenas da nosa cidade poden trasladar a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.


Tamén tivemos durante unhas semanas unha exposición sobre os dereitos da infancia para coñecer un pouco máis sobre eles e así poidan entender a importancia de defendelos.







Moitísimas gracias a Marta e a Ana pola súa visita. Esperamos que nos poidan volver a visitar para aprender máis sobre Unicef e coñecer todo o que poden facer por nós  e por mellorar a sociedade na que vivimos.



xoves, 14 de marzo de 2024

8 Marzo Día da Muller 2024




O 8 de marzo conmemora a loita das mulleres ao longo da historia e busca recoñecer os logros que acadaron no mundo. Tamén é un día para reflexionar sobre problemas como a violencia machista e concienciar sobre a desigualdade á que se seguen enfrontando as mulleres na actualidade.

Desafortunadamente, esta data tamén nos indica que hai lugares nos que, en pleno século XXI, as mulleres  seguen sen ser escoitadas e aínda se lles impide alcanzar todo o seu potencial, xa que dereitos básicos como o acceso á saúde e á educación seguen sen ser recoñecidos.

Conscientes da importancia desta data para visibilizar as loitas e reivindicacións das mulleres, o alumnado do Colexio Cid reflexionou sobre temas como o feminismo, as desigualdades de xénero, a violencia de xénero e a situación da muller no mundo.

O alumnado de 5º e 6º de EP redactou e leu un manifesto para rebelarse contra as desigualdades e loitar pola participación, o recoñecemento e o empoderamento das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade.




 A escola uniuse para reivindicar os dereitos das mulleres a ser diferentes e diversas, a vivir sen medo, o dereito a igual traballo  igualdade salario, o dereito a vivir libres de estereotipos sexistas e a decidir sobre o seu corpo.

 




Cada neno e nena do colexio fixo o seu debuxo ou escribiu a súa frase reivindicando a igualdade de oportunidades e dereitos para todas as persoas, independentemente do seu sexo. Plasmou a súa man para dicir que aínda queda moito por percorrer, pero que seguiremos loitando por un mundo de igualdade e xustiza para todos!

 











Neste día da muller, nos nos esquecemos da escritora Rosalía de Castro, poeta e referente absoluto da cultura galega, na que o 23 de febreiro, data do aniversario do seu nacemento, quixemos renderlle homenaxe con este mural.