O
8 de marzo conmemora a loita das mulleres ao longo da historia e busca recoñecer os
logros que acadaron no mundo. Tamén é un día para reflexionar sobre problemas
como a violencia machista e concienciar sobre a desigualdade á que se seguen
enfrontando as mulleres na actualidade.
Desafortunadamente,
esta data tamén nos indica que hai lugares nos que, en pleno século XXI, as
mulleres seguen sen ser escoitadas e
aínda se lles impide alcanzar todo o seu potencial, xa que dereitos básicos
como o acceso á saúde e á educación seguen sen ser recoñecidos.
Conscientes
da importancia desta data para visibilizar as loitas e reivindicacións das
mulleres, o alumnado do Colexio Cid reflexionou sobre temas como o
feminismo, as desigualdades de xénero, a violencia de xénero e a situación da
muller no mundo.
O alumnado de 5º e 6º de EP redactou e leu un manifesto para rebelarse contra as desigualdades e loitar pola participación, o recoñecemento e o empoderamento das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade.
A escola uniuse para reivindicar os dereitos
das mulleres a ser diferentes e diversas, a vivir sen medo, o dereito a igual
traballo igualdade salario, o dereito a
vivir libres de estereotipos sexistas e a decidir sobre o seu corpo.
Cada
neno e nena do colexio fixo o seu debuxo ou escribiu a súa frase reivindicando
a igualdade de oportunidades e dereitos para todas as persoas, independentemente
do seu sexo. Plasmou a súa man para dicir que aínda queda moito por percorrer,
pero que seguiremos loitando por un mundo de igualdade e xustiza para todos!
Neste
día da muller, nos nos esquecemos da escritora Rosalía de Castro, poeta e
referente absoluto da cultura galega, na que o 23 de febreiro, data do
aniversario do seu nacemento, quixemos renderlle homenaxe con este mural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario