Saída de 3º EP ao Parque de Bombeiros da Coruña
O mesmo día que se celebra o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro, 3º EP saiu coñecer o servizo de Bombeiros que temos na cidade. Foi casualidade, mais tamén nos serviu para afondar en grandes valores humanos que fomentan precisamente a non violencia e a paz.
A través dunha visita guiada por Roberto, un bombeiro moi amable e atento, entendimos doutra maneira a importancia do traballo en equipo, a necesidade do esforzo colectivo para acadar o éxito e a confianza no/a compañeiro/a cando se necesita axuda.
Probamos a roupa de faena con casco e respiradoiro incluido, chamamos á central para dar aviso dunha emerxencia, puxemos a sirena para abrir paso e ata collemos a mangueira para botar auga no incendio. Sen ningunha dúbida, toda unha experiencia! Deixamos unha pequena mostra gráfica para vós, mais o recordo máis importante xa queda grabado na nosa pel para sempre.
Saída de 5º e 6º EI á biblioteca do Ágora
Fomos de excursión á biblioteca do Ágora e alí recibiunos Ole o paxaro que vive na biblioteca. Ole explicounos o funcionamento da biblioteca e amosounos os contos máis axeitados a nosa idade. Contounos un conto e despois exploramos libremente o espazo ollando todos os contos que alí había. Ao marchar cada un de nós collemos un conto e levámolo ao cole nunha maleta viaxeira. Foi moi divertido!
Saída de 2º EP a Bonilla da Coruña
Alí puidemos descubrir todo o proceso da transformación das patacas, os avances tecnolóxicos da empresa, cómo é a súa loxística e que as patacas Bonilla véndense noutros países do mundo coma Corea do Sur
As visitas a empresas locais permite aos nenos/as que vexan de primeira man como funciona un negocio real. Ademáis son inspiradoras e pode motivalos/as a perseguir os seus soños nun futuro próximo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario