venres, 8 de outubro de 2021

Inicio de curso 2021-2022!

O mes de setembro xa rematou e, con el, as primeiras semanas de clase no noso colexio. Un novo curso escolar que non deixa de volver a ser atípico pola situación pandémica que continúa, pero que retomamos con moitas ganas e ilusión.



 Durante todo este mes, todo o noso alumnado volveu a tomar conciencia da importancia das recomendacións de distancia de seguridade e os hábitos hixiénicos para ter un día a día máis seguro no noso colexio. Ademais do necesario recordatorio, foron moitas as actividades feitas nestas primeiras semanas, coas que volveron á rutina das clases, aprendendo e divertíndose.

Aquí vos amosamos varias destas actividades:
















Moitas e diferentes actividades onde se traballaron as emocións que axudaron ao alumnado a coñecerse máis a si mesmos e tamén a abrirse e coñecer máis aos seus compañeiros/as.






O curso comezou a rodar, e seguro que traerá experiencias e aprendizaxes inesquecibles para todos.

Unha aperta familias!