martes, 26 de xuño de 2018

Proxecto Semente

Como punto final ao Proxecto Semente, os nenos/as de 4º e 5º desfrutaron dunha tarde de lecer no Megajump. Comezaron cunha hora e media de salto e despois repuxeron enerxía cunha merenda. Aquí tedes as fotos:






Como xa explicamos no inicio do Proxecto, destinamos unha parte dos beneficios á Cruz Roja en concepto de contribución a unha labor social.


mércores, 20 de xuño de 2018

Excursión de fin de curso

A semana pasada fumos de excursión de fin de curso ao Muíño de Pedroso onde fixemos diversas actividades relacionadas cos oficios. Pasámolo xenial e descubrimos que somos capaces de facer moitas cousas diferentes con produtos naturais coma:  leite, mimbre, coiro, xinzos ...

Pasamos un gran día compartindo e vivindo novas experiencias todos/as xuntos/as.













luns, 11 de xuño de 2018

Itinerarios 5º e 6º: Prazas con poder

Os alumnos de 5º e 6º realizaon uns dos itinerarios pola cidade vella onde visitaron  a praza de María Pita, o Concello, a praza de Azcárraga, a praza da Constitución e  Capitanía.

Non hai mellor maneira de coñecer a historia da nosa cidade que visitando in situ os lugares máis relevantes mentras nos contan incríbles anécdotas.




mércores, 6 de xuño de 2018

Acto de Graduacións

Queda moi pouquiño para rematar este curso e atopámonos moi ledas/os do voso esforzo pero tamén somos conscientes de que os maiores comezarán unha nova etapa fóra do cole.







No acto de graduación poidemos desfrutar das actuacións das extraescolares e tamén dos graduados , que o fixeron xenial.











Moitas grazas ás familias que nos acompañástedes neste día e á entidade colaboradora por facer este día máis especial.




luns, 4 de xuño de 2018

As Letras Galegas e o noso recunchiño.

Este ano ademais de coñecer un pouco máis á homenaxeada do días das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e ler algúns anacos da súa obra, estreamos un novo recuncho nunha das paredes do cole: O noso recunchiño. 
Como estrea, as mestras puxemos palabras que nos gustan do noso idioma.A partires destas palabras de exemplo os alumnos e alumnas do cole poderán poñer palabras elixidas por eles e elas.

Deixamos fotos dos traballiños feitos por algunhas aulas e fotos do noso novo recunchiño.






















sábado, 2 de xuño de 2018

O Proxecto Semente na Rúa

Despois dun largo ano traballando no Proxecto Semente o pasado venres día 25 de maio chegou ao seu fin.
Os alumnos/as de 4º e 5º de primaria  formáronse para constituír a súa propia cooperativa, conseguiron as súas propias licenzas de venda, traballaron en equipo para elaborar os seus produtos e finalmente vendéronos nun mercadillo en María Pita.

Parte do diñeiro recadado irá destinado á Cruz Vermella.








Gracias a todas as familias e compañeiros/as que nos fixéchedes unha visitiña


Noraboa polo voso esforzo e compromiso.


No seguinte enlace veredes fotos publicadas no xornal La Opinión: