Este ano ademais de coñecer un pouco máis á homenaxeada do días das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e ler algúns anacos da súa obra, estreamos un novo recuncho nunha das paredes do cole: O noso recunchiño.
Como estrea, as mestras puxemos palabras que nos gustan do noso idioma.A partires destas palabras de exemplo os alumnos e alumnas do cole poderán poñer palabras elixidas por eles e elas.
Deixamos fotos dos traballiños feitos por algunhas aulas e fotos do noso novo recunchiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario