O pasado venres 22 de marzo recibimos a visita de Marta e Ana para explicarnos a importancia que ten ser centro referente en dereitos da infancia e coñecer todo o traballo que fai Unicef especialmente na defensa dos nenos e das nenas de todo o mundo.
É importante que aprendan dende pequenos a que poden alzar a súa voz dende o respecto e reivindicar os seus dereitos. Os nenos e nenas da nosa cidade poden trasladar a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.
Tamén tivemos durante unhas semanas unha exposición sobre os dereitos da infancia para coñecer un pouco máis sobre eles e así poidan entender a importancia de defendelos.
Moitísimas gracias a Marta e a Ana pola súa visita. Esperamos que nos poidan volver a visitar para aprender máis sobre Unicef e coñecer todo o que poden facer por nós e por mellorar a sociedade na que vivimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario