Este ano en Educación Infantil tivemos a sorte de contar co equipo de Candamin que desenvolveron no noso Colexio sete sesións de terapia asistida con cans cheas de xogos e maxia.
As Terapias
Asistidas con Animais (TAA) son intervencións dirixidas por profesionais
cualificados da saúde nas que se incorpora o can no proceso rehabilitador como
ferramenta motivadora.
Usuario,
terapeuta, guía e can son os catro elementos presentes na intervención e todos
interactúan entre si. A través das sesións conseguimos beneficios físicos, psíquicos,
psicolóxicos, cognitivos e sociais.
Grazas Lucía, Julia, Nata e Uva por esta gran experiencia, pois como dicía Jean Lacroix...
“hai palabras que nos cambian a vida, pero hai ladridos que nos cambian a alma”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario