O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal. Esta data foi a elixida porque xustamente no ano 1948 fundouse a Organización Mundial da Saúde (OMS) ese mesmo día.
Este ano nos coincide nas vacacións de Semana Santa, pero antes de marcharnos a descansar e recargar enerxías para o último trimestre, estivemos recordando e celebrando esta data tan importante.
Este curso, ademais de recordar a importancia de manter unha boa hixiene para estar sans, estivemos traballando a nosa autoestima e a nosa saúde emocional, a través de diferentes actividades e coa lectura e reflexión do conto de Anna Llenas, " La joya interior".
Aquí podedes ver algunhas desas actividades.
Consideramos que neste tempo de tanta tecnoloxía e na que o mundo avanza tan rápido, é imprescindible pararse de vez en cando e desfrutar coa familia de pequenos momentos de calma, de xogo ou dun paseo pola natureza para mellorar a nosa saúde tanto física como emocional.
Pequenos momentos de calma para desfrutar en familia (pulsa neste enlace).
Desexamos que esteades desfrutando dalgún destes momentos nestas vacacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario