QUÉ É A AULA DE APOIO? QUÉ FAI A MESTRA DE APOIO COÑECIDA COMO "A PT"?
No noso colexio dispoñemos da axuda dunha mestra de pedagoxía terapéutica coñecida sempre como a mestra de "PT".
Ser PT non é sacar ao alumno/a da clase para que perda as vivencias da aula senon que, é quedarnos na clase para que haxa INCLUSIÓN.
A mestra PT dedicase a algo máis que atender a nenos con necesidades, facer adaptacións , buscar material, metodoloxías… a mestra PT, igual que fan as titoras, loita polos dereitos dos nenos e ensina coa mente aberta e dende o corazón....
A mestra de apoio non é unha extraterrestre que traballa con nenos e nenas, é unha mestra con vocación que traballa en coordinación coas titoras, que vela e aprende dos seus alumn@s innovando, despertando imaxinación, fomentando valores, motivando, xogando..
"Os nenos son como bolboretas no aire. Algúns poden voar máis alto que outros pero cada un voa da mellor forma que pode. Cada un é fermoso e único"
En definitiva, a mestra de apoio é algo imprescindible no proceso educativo dos nenos e que axuda a que os alumn@s desperten intereses de xeito diferente porque como decía Vygotsky(1965)
“Lo que los niños pueden hacer hoy juntos, podrán hacerlo solos mañana”
Asi que invitamosvos a tod@s a que pasedes por aquí e vexades as actividades que realizamos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario