O venres pasado aproveitando, o cuarto crecente, fumos a nosa horta a plantar allos que os alumnos/as de 1º e 2º xerminaran con anterioridade.
Nesta fase lunar increméntase a luz e obsérvase que o desenvolvemento das hortalizas é máis equilibrado. Esto sucede porque as augas subterráneas movilízanse e, polo tanto, as raíces reciben maior cantidade de auga. Así mesmo a savia concéntrase nas raíces (na lúa nova) ou nas follas (na lúa chea) atraída polas forzas gravitacionais e polo tanto a primeira é unha época propicia para a sembra mentras que a segunda, para a recolección.
Tamén vimos o resultado do plantado no mes de novembro e limpamos ao redor dos repolos e das berzas para que poidan crecer mellor.
Por outra banda os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria coñeceron esas verduras e hortalizas que lles aparecen no plato.
Tamén coñeceron o que era un hotel de insectos e a importancia destes animais para as plantas, o que eran as composteiras, observaron e uliron outros tipos de plantas como as aromáticas: lavanda, romeu e menta, ademais de ter a sorte de ver vacas e cabras que había nunha finca cercana a nosa horta.
Aprenderon moitísimo e pasáronno xenial!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario