Esta data, é unha importante oportunidade de reflexión para que todo o alumnado do noso colexio Cid, analice sobre a situación na actualidade dentro e fóra da nosa contorna, xa que, hoxe en día, no mundo, aínda existe moita desigualdade e débese continuar coa loita para erradicar esta inxustiza.
A través da educación, familias e colexio debemos estar unidos cara esta loita contra a desigualdade, co obxectivo de crear un futuro mellor para o noso alumnado.
Á conmemoración desta celebración, unimos tamén o noso proxecto lingüístico do centro. Este ano, para fomentar o uso da lingua galega, eliximos mulleres galegas que seguen sendo exemplos de superación polos logros conseguidos nas súas vidas e que continúan loitando pola igualdade na sociedade actual.
Dende as aulas de infantil e primaria, as nosas alumnas e alumnos, sensibilizáronse a través de diferentes traballos que fomentaron as aprendizaxes sobre os valores xa citados. A través destas actividades, e do estudo sobre a vida de actrices, matemáticas, inventoras, escritoras, poetas, deportistas, etc. encontraron aprendizaxes inspiradoras como referencia de superación. Por outra banda, tamén recordaron moitos exemplos de heroínas que viven nas súas familias, nais, avoas ou bisavoas que foron, son e serán, grandes exemplos de mulleres traballadoras, que loitaron fronte a moitas dificultades e que merecen ser tamén exemplos de superación para tod@s.
Educación Infantil:
Ningún comentario:
Publicar un comentario