Onte publicouse no DOG a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021, ambos incluídos.
Modo de presentación:
_ De xeito presencial: na secretaría do centro, solicitando cita previa por teléfono (981 255 244) ou por correo (cpr.cid@edu.xunta.gal).
_De xeito informático: empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar por presentala ou ben no centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal).
A solicitude será única para todos os fillos/as admitidos no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21.
O alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtida a praza para o curso 2021/2022.
Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2020/2021.
Ningún comentario:
Publicar un comentario