martes, 1 de xuño de 2021

15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

A orixe desta importante data establécese a partir dos anos oitenta, sen embargo, no ano 1994 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 15 de maio como día oficial, tendo en conta que as familias é o núcleo central de calquera sociedade.

Existe unha gran diversidade de familias (nais solteiras, matrimonios homosexuais sen fillos, ou con fillos adoptivos, familias interraciais…) pero non hai ningún modelo de familia que sexa mellor que o resto. O concepto de familia cambiou moito nos últimos anos. Nin a composición ou estrutura da familia nin os lazos legais garanten un bo desenvolvemento infantil. O afecto, a comunicación, a estimulación e a boa relación entre os membros dunha familia si son fundamentais para a crianza e o desenvolvemento infantil.

 

 

(pincha sobre a imaxe)

Este día é un día moi especial para demostrar o amor e o cariño á túa familia e pasar un tempo xuntos, un tempo valioso, que ás veces pola rutina diaria nos esquecemos de compartir.

O alumnado estivo a reflexionar sobre isto e a facer un detalle para compartir coas súas familias. Esperamos que desfrutarades do día tanto coma nós desfrutamos facendo ese detalle, porque no cole tamén somos unha gran familia.






















 

Ningún comentario:

Publicar un comentario