Como cada ano, o 5 de xuño facemos especial fincapé no día do Medio Ambiente, para non esquecernos de que esta labor é do día a día.
O noso planeta está sufrindo moito, debido aos actos dos que vivimos nel e é por iso que debemos reflexionar para salvar o noso planeta, as nosas vidas e que mellor, que facelo dende os primeiros anos de vida.
Para conmemorar o día:
- Os máis pequenos poideron ver onde vivían, e como había que facer para coidar o noso planeta. Poideron ver como os plásticos rematan moitas veces no mar e o dano que lle fan ós animais mariños. Para iso contribuiron a sacar plásticos e ver como debe estar o mar e a onde hai que tirar os plásticos.
Ademais investigamos como podía crecer unha planta e que coidados necesitaba, e que mellor forma de aprender, que vivindo a experiencia, polo que plantaron unha faba na súa maceta do planeta Terra. Con moita responsabilidade, levárona para ás súas casas e ahí comprometéronse a coidala moito.
Observamos distintos animaliños e coñecemos a importancia que teñen, ata o máis pequeno, para ter un ecosistema equilibrado. Tamén observamos o noso planeta coa súa auga e a súa terra e gozamos coloreando e explorando as posibilidades da mezcla de cores do noso Planeta.
Mediante un xogo recordamos a importancia de distribuir os residuos nos contedores adecuados para o seu tratamento e repasamos a clasificación en materia orgánica ou inorgánica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario