BENQUERIDAS FAMILIAS E ALUMN@S!
Xa estou de volta!!! Levo unha tempadiña desaparecida por
temas de saúde pero veño con moitas forzas e ganas de volver vervos a todos!
Xa sei que estamos a pasar uns momentos difíciles e que
todos estamos a facer un gran esforzo pero imos intentar conservar o BO ÁNIMO!
O confinamento na casa durante varios días, provoca
problemas de convivencia e malestar psicolóxico, pero entre todos/as imos gañar
esta batalla tan complicada…
Dende o colexio
queremos transmtirvos que sodes uns verdadeiros heroes, que estamos orgullosos
de vós, que se precisades algo soamente tendes que pedilo, que vos botamos
moito de menos e esperamos con ansias para poder voltar a darvos abrazos,
bicos, romper a distancia dun metro e poder volver estar xuntos e brindar pola
felicidade, liberdade e saúde.
Antes de nada, a vós, familias, papás e mamás, avós e
avoas, tías e tíos, primos etc, darvos un tremendo agradecemento pola labor que
estades a facer estos días compaxinando moitas veces teletraballo, traballo
ou outras tarefas cos vosos duendecillos
pelexando contra este monstruo que carece de solidariedade e non entende de
cores, nin barreiras.
Neste apartado de aula apoio deixarei algunhas tarefas
para todos os nenos e nenas, posto que neste momento todos presentamos
necesidades e non só as necesidades especiais.
Agora mesmo todos os nenos/as precisan de actividades
lúdicas que potencien a súa imaxinación e creatividade xa que así, estaremos a
traballar moitos outros aspectos tales como pensamento creativo e
construtivo, afectividade, memoria, concentración,atención, percepción…..
As actividades que aquí se
presentan son sempre para realizar con materiais que tendes pola vosa casa e
alternativas que se vos ocorran.O feito de estar sufrindo unha crise de
emerxencia sanitaria en estas condicións fai que moitas veces se non
establecemos unhas rutinas co paso do tempo
nos vexamos agobiados, por iso, aquí vos vou deixar unha planificación
que podedes facer calquera de vos na casa, se non tedes medios tecnolóxicos
para descargar podedes facelo con posits, nun folio e decoralo vós, etc. Isto
tamén axudará cando volten ao colexio sexa moito menos costoso a volta á
normalidade.
PLANIFICADOREs.pdf
Como recomendación
e orientación propóñovos que falades de outras cousas e limitedes as discusións, planifiquedes as actividades que fomenten experiencias
positivas e que lle sirvan para a
protección ante momentos difíciles. Sede comprensivos e máis importante aínda, proporcionade moito AMOR E SEGURIDADE porque así os vosos
fillos sentirán que sodes un gran equipo.
Ademais, cando todo isto pase faremos
unha gran exposición de todos os traballos, fotos, manualidades e demais para
debatir cómo pasamos este extraño momento que a vida nos trouxo.
ACTIVIDADES
Éstas e moitas máis...... poderedes velas no enlace que vos deixo a continuación.
PD: PODEDES COMENTAR NO POST PARA SABER QUE VOS PARECEU, PODEDES ENVIAR FOTOS DOS TRABALLOS O CORREO DO COLE.
VÉMONOS AXIÑA
Despois disto habrá un antes e un despois nas nosas vidas...pero a falta de empatía da xente cosas menos de NEE donde saimos 10 minutos aconsellados polo noso pediatra para o ben do seu benestar....e a xente so sabe berrar pola venta que hai que tar na casa....ogallá poideramos estar na casa tranquilos e contentos...si se sae...será por algo...moito ten que cambiar o ser humano...e a xente maior e a mais reticente...
ResponderEliminarMoito ánimo familia!pensade que esta pandemia está poñéndonos a proba a todo o ser humano o mesmo tempo e despois de que todo isto pase teremos que pensar que aprendemos.Aínda que nos custe un pouquiño,moito animo e forza!
ResponderEliminarVanessa, a mis niñas les ha encantado saber que ya estás de vuelta...
ResponderEliminarAhora, con paciencia y positivismo, tenemos que quedarnos en casa(en la medida de lo posible)por nuestros hijos y por nuestros mayores para en breve, poder veros de nuevo.Un saludo y un beso de mis niñas.
Muchas gracias por vuestras palabras Tania. Diles que pronto les daré un enorme abrazo...claro que sí! si enfrentamos el presente de optimismo, el futuro que nos espera será de éxito! Un besazo familia!
Eliminar