Pasan os días e sabemos que, cada vez máis, botades de menos aos vosos/as compañeiros/as: aos que cada mañá vos reciben cunha aperta , aos que vos fan sorrir, aos que non paran de falar contando milleiros de aventuras, aos máis tímidos, aos que vemos na biblioteca, aos que lles contamos segredos, aos máis fedellos, aos do comedor...
Por iso moitos/as quixeron compatir con vós unha imaxe dende as súas casas.
Que ledicia poder vernos ainda que sexa nunha foto!
A partir de hoxe haberá sorpresas no blogue da biblioteca. Recordade visitalo!!
Unha aperta enooorme para todos/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario