Ante a demanda de máis actividades para as vosas e os vosos peques, para acadar este reto de quedar na casa, aquí vos deixamos máis suxerencias, sacadas de diferentes páxinas de internet aproveitando material de refugallo que poidamos ter pola casa.
É necesario aclarar que son suxerencias, por tanto podedes facelas así, pódense modificar e tamén pode ser que non haxa o material nas casas, e como o importante é estar na casa, se opte por non facela. Ademais, tamén queremos dicirvos que non son para facer todas un día, dende o equipo de mestras de Educación Infantil, propoñevos sinxelas e diferentes actividades porque cada nena e neno ten os seus gustos e xa que o están a facer moi ben, nas súas casiñas, que vaian escollendo cales queren e poden facer.

Esperemos que vos poidan axudar un pouquiño, para seguir facendo así de ben.
- Para seguir traballando o noso nome, aquí podedes ver algunha actividade sinxela :
- Para traballar a lóxica-matemática ao mesmo tempo que xogamos:
- Para traballar a motricidade fina, dunha forma lúdica:
- Para facer algo de exercicio:
- Para coller algo de ritmo, coa música:
- Para identificar as nosas emocións que están a sentir:
- Para escoitar contos narrados dun xeito máxico, podedes seguir as seguintes contas de instagram:
@vadecuentos
@aprenderconellos
Sabemos que estes días están a ser dificiles, pero pensade o ben que o estamos a facer quedando nas nosas casas. As nenas e os nenos aprenden a través da imitación na maioría das ocasións, vivir esta situación axuda a trasladar valores moi importantes que os fan crecer como persoas, para poder chegar a crear ese mundo que todas e todos desexamos, onde o respecto e o saber estar e actuar en cada momento e da forma axeitada, sexa un dos piares desta sociedade.
Veña, peques...pronto navegaremos todas e todos outra vez, mentras tanto podemos escoitar a
@bichitoslectores
@yalavueltalaluna

Piratas de Pablo Díaz...porque eu quedo na casa!!!
Recordade que estamos á vosa disposición a través do correo electrónico cpr.cid@edu.xunta.es, do número do teléfono 981255244 (onde poderedes contactar co equipo directivo e éste transmitirállelo ás titoras) e a través de Tokapp onde poderedes contactar directamente coas titoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario