Estas semanas, as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil, estivemos aprendendo un montón de cousiñas sobre a Prehistoria da man de Rita, e como non, imos a compartir con todos vós o que aprendimos.
Viaxamos no tempo ata chegar á Prehistoria, e convertímonos en pequenas e pequenos arqueólogos. Para empezar a coñecer como vivían, como comían e como pintaban nesa época, axudámonos dunha revista que nos trouxo Rita e dalgún video explicativo, así que todo estaba listo para transformar a nosa aula na Prehistoria.
Coñecimos as técnicas que empregaban para pintar e probamos a pintar como "eles", facendo auténticas obras de arte coas nosas mans.
Chamounos moita atención a súa alimentación, porque non tiñan supermercado nin había restaurantes para poder ir a mercar. E entón como facían? Pois, poidemos ver que para comer, cazaban animais, pescaban peixes, recolectaban froitos e verduras...e como non, xa que estamos na clase dos peixes e fixemos unha visita ao porto da Coruña, para coñecer un pouco mais sobre a pesca, decidímonos poñer a pescar. Pero como facían se non tiñan cociña? Investigamos e poidemos ver que cociñan co lume. A raíz disto, vimos que diferentes usos se lle daba ao lume e cando se descubriu, decicimos facer unha "lumeirada" para cociñar.
Oh , pero se non había tendas, en que comían? Tiñan pratos? Vimos como facían as súas cuncas con barro e como daban formas coas conchas e aproveitamos para facer algo similar. Un plato era algo dificil pero si fixemos unha pequena obra de arte con masa para modelar que despois pintamos para darlle un pouco de cor. Pensamos que era como a plastilina pero vimos que non, porque se secaba...
Tamén coñecimos algúns animais, como o mamut, o tigre de dentes de sable..., iniciámonos na súa lecto escritura e ata en atopar o nome en sopa de letras. Observamos como eran as covas e posto que facía tanto frío decidimos elaborar unha manta para a cal cortamos unha pouca la, para que o noso amigo se poidera tapar, pero...como se vestía a xente? Decoramos os nosos traxes de prehistoria, simulando pel de animal e recordamos que tamen a nosa ovella nos da a la para abrigarnos.
Pero isto, non remata aquí...un día cando tocou a hora de merendar, decidiron que non podían merendar nas súas mesas, porque na Prehistoria non había mesas e comían todos arredor da fogata como se estivesen de picnic. Ante esta situación, non nos quedou outra opción, que imaxinar que non tiñamos mesas pero...que necesitamos para facer unha mesa? As respostas a esta pregunta foron case todas iguais...."para facer unha mesa necesítanse patas". Entón tivemos que botar man dun conto que nos gustou moito e nos axudou a resolver esa dúbida, que se titula: Que fai falta?
Anda, e que pasaba na Prehistoria cos contos? Terían contos? Porque despois de merendar toca un pouco de biblioteca e é por iso que decidimos inventar os nosos propios contos e recordar algúns que xa sabíamos, sabedes con que? Fixemolo con debuxos nas pedras, para irnos guiando...Saíron auténticas historias, pois a imaxinación non ten límites.
Esperemos que vos gustara a nosa viaxe á Prehistoria, porque a nos gustounos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario