sábado, 28 de marzo de 2020

Ponlle música á vida!!!!!

Boas de novo familias.

A profe Cris  mándavos este video e estas palabras: 
Ola!! Nas últimas clases estivemos cantando este tema africano de Maketume para cantar todo o cole. Seguimos practicando para telo preparado para a volta? Cantade comigo! E forte!



Como sabedes tamén é moi importante lavarse as mans moitas veces e que mellor que facelo cunha canción que vos gusta moito que vos ensinou a mestra Cris no cole aos peques de Infantil. Recordade que cando ela di a man dereita é a vosa esquerda xa que estades frente a ela.






Ademais queremos propoñervos dous xogos musicais. 

  • No primeiro tedes que adiviñar, en familia, as películas de Disney que soan neste enlace. Atrevédesvos a adiviñalas? 
Adiviña la película


Cantas películas adiviñastes? Gustouvos este xogo? Podedes deixar os vosos comentarios.


  • O segundo xogo é un pouquiño máis persoal. Coñecedes ben as vosas titoras e profes do cole? O obxectivo deste xogo é adiviñar a/o profe que recomendou cada canción para animarvos un pouquiño e mandarvos unha mensaxe de esperanza: Xuntos conseguiremos acabar co coronavirus!!!!!
       Aí van as cancións:











        
       Todo Irá Bien de Chenoa


E ata aquí o xogo! 
Atréveste a adiviñar a canción de cada profe? Deixa  os tus comentarios.


E por último pero non o menos importante, todo o equipo docente do Colexio Cid quere dedicar a todas as familias que pertencedes a este pequeno cole, pero grande en sentimentos, estas dúas cancións. E nunca nos cansaremos de dicir: Botámosvos moito de menos!












Ningún comentario:

Publicar un comentario