O pasado domingo 23 de Febreiro, o colexio CID foi de visita ao palacio dos deportes de Riazor a animar e desfrutar dun partido de primeiro nivel de hóckey que enfrentaba ao noso equipo local contra o Voltrega.
A participación nesta nova iniciativa foi todo un éxito, chegando case ata as 80 persoas entre alumnado e familias que se desprazaron para desfrutar deste partido. Ademais, os alumnos e alumnas, non só viron o partido dende as gradas, senón que no descanso baixaron ao terreo de xogo, e recibiron o agradecemento por ser o colexio que máis aficionados xuntou no partido.
Aquí vemos a cantidade de nenos e nenas desprazados ao partido, no campo de xogo ao rematar a primeira metade, e tamén animando nas gradas.
Tras unha primeira parte que remataba en empate, pouco tardou o primeiro gol que poñía ao Liceo por diante no marcador e facía vibrar e festexar aos nosos alumnos e alumnas nas gradas.
Un domingo diferente no que o deporte axudou a pasar un bo rato e quen sabe se a descubrir unha nova afición para algún dos nosos nenos e nenas. Moitas grazas ao Club Liceo Hóckey por invitarnos a desfrutar dun gran partido e por ter o detalle de sacarse unha foto a plantilla con nós ao final do partido. Voltaremos noutra ocasión a seguir desfrutando do mellor hóckey!
Ningún comentario:
Publicar un comentario