A través deste conto poidemos familiarizarnos con conceptos básicos como dentro-fóra, grande-pequeno, primeiro - derradeiro, iniciámonos en asociación número-cantidade pero non soamente iso, senón que nos achegamos ao mundo da dramatización. Todo isto non sería posible sin unha previa comprensión lectora, polo que introducimos elementos interactivos e atractivos nas actividades, para favorecer a retención dos contidos nas nenas e nos nenos .
A avoíña recibiu unha carta da súa neta para invitala a unha festa rachada. Púxose tan contena que marchou para a casa da súa neta...polo tanto iniciámonos na escritura, escribindo algunhas das vogais que coñecemos e aínda que vos pareza moi doado, intentamos doblar a carta para que collese dentro do sobre. Ademais, aproveitamos para recordar que elementos ten a nosa cara e traballamos as expresións das nosas emocións.
Polo camiño atopouse con tres feras, o lobo, o oso e o león que a querían comer..... ademais de traballar a motricidade fina co rasgado de papel para o león e coa elaboración de boliñas pequenas para as orellas do oso, tamén pintamos con témpera e con ceras. Coas tres feras poidemos traballar a orde na que aparecían no conto, primeiro,segundo e derradeiro.
Para esconderse das feras durante camiño de volta á casa, a neta colleu a cabaza mais grande que había na horta, meteu a avoa dentro e botouna a rodar mentras cantaba. Non soamente pintamos con pincel e rasgamos papel, senón que tamén empregamos o punzón para facer un oco na cabaza e poder escondernos das feras, ademais de traballar grande-pequeno e dentro-fora outra vez máis.
Ademais, aproveitando as cabazas da horta, fixemos series de grande e pequeno e asociamos o número ca cantidade de cabazas que había. Manipulamos e experimentamos as cabazas facendo agrupacións, traballamos o olfato e o tacto e fixemos unha sopa de cabaza para celebrar o día.
Para rematar, as nenas e os nenos dramatizaron este conto, que despois de varios ensaios, decidiron que querían compartilo coas súas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º de Educación Infantil para celebrar o Samaín.
Coa dramatización estamos a traballar moitos contidos, pois onde soamente parece un xogo, temos que ter en conta que se está traballar:
- a imaxinación da nena ou neno
- enriquecemento do vocabulario, favorecendo a expresión e comprensión
- cantado de cancións
- a atención
- a creativade
- comprensión lectora
- expresión corporal
Aqui podedes ver algunhas das imaxes das nosas representacións , seguro que non nos coñecedes ben porque temos unhas caretas que dan un pouco de medo....
Dramatizar o conto, gustounos moito, pero compartir o noso traballo co resto de cursos de Infantil, gustounos moito máis. Un teatro faise con público e ese aplauso tan grande que recibimos, motivounos tanto, que non podemos parar de preparar cousiñas.
Esperamos que vos gustara esta aprendizaxe baseada en proxectos, do conto Corre corre cabaciña, que podedes desfrutar en familia no enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario