Aproveitando as lecturas do noso libro El lobo Lupas e sabendo da ilusión dos nenos e nenas cada vez que se lles cae un dente, este ano, os nenos e nenas de 1º de Primaria estreamos o proxecto " O rato Pérez".
Neste proxecto lemos diferentes contos e repasamos e xogamos coas letras d, n e r.
Ademais aproveitando os nomes dos nosos monecos e os nosos propios aprendemos que temos que escribir a primeira letra en maiúscula.
E como nos encanta cantar e bailar, traballamos as rimas coa canción do rato Perez do grupo Cantajuegos. Aquí vos deixamos o enlace para que a poidades escoitar as veces que queirades.
Tendo en conta que o número dez e decena comezan pola letra d, pois tamén aprendemos neste proxecto un pouquiño de Matemáticas dun xeito máis manipulativo e divertido usando plastilina e dentes do rato Pérez para traballar tamén a psicomotricidade fina.
Tamén construimos a nosa propia decena.
E se aprendemos e traballamos co noso compañeiro ou compañeira pois mellor que mellor.
Por suposto, nos tamén podemos ser os protagonistas de problemas matemáticos, repasando de novo como se escriben os nosos nomes e resolvéndoos utilizando os dentes do rato Pérez.
Mirade que ben o pasamos cantando a canción.
E para realizar máis actividades en grupo inventamos unha historia cos nosos monecos de clase. Aprendemos que necesitamos uns protagonistas e un lugar onde situar a historia. Ata lle inventamos un título!
Primeiro tivemos que falar e poñer en común as nosas ideas e despois tivemos que explicarllo ao resto da clase e representar o conto. Sabedes cal foi o tema principal que saiu nos catro grupos? A amizade.
Tamén aproveitamos as clases de Educación Física para repasar os números que teñen unha decena e saltar e contar hacia diante e hacia atrás.
E para rematar, sabendo da importancia de adquirir uns bos hábitos de hixiene , recordamos a importancia de lavar os dentes despois de cada comida e comer poucas chuches cun conto e cun cartel que temos colgado na clase.
Esperamos que vos gustara o noso proxecto! Nós traballamos moito e aprendemos moitas cousas con el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario