O magosto e o Samaín.
Os alumnos de Ed. infantil pintaron castañas, experimentaron con cabazas que posteriormente decoraron, leron contos relacionados con estas celebracións e fixeron un magnífico teatro de sombras sobre o conto "A la cama monstruos".
Percorreron as clases dos maiores cantando canción "Trick or treat".
Que susto nos deron!
Os alumnos/as de 1º leron diferentes contos e traballaron a intelixencia matemática, lingüística, interpersonal, musical e visoespacial con actividades do Samaín.
Na clase de 3º traballaron o magosto e decoraron a súa porta con doces castañas.
O alumnos/as de 4º recibiron unha doce sorpresa:
Na clase de 5º fixeron unha decoración moi calofriante!
Dende a aula de música prepararon a Canción de Mamá Cabra "O Samaín" e unha Canción sobre San Andrés de Teixido.
A Biblioteca realizou a IX edición sobre Relatos Monstruosos.
Noraboa aos Gañadores!
E no magosto degustamos as nosas magníficas castañas e desfrutamos xogando todos/as xuntos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario