Agora que está rematando a estación do outono queremos mostrarvos unha das festas que realizamos os nenos e nenas de Educación Infantil, a festa tradicional da Vendima.
Aproveitamos esta festa para traballar a motricidade fina, conceptos como cheo-baleiro, o sentido do tacto, do olfato, do gusto...Ademais elaboramos cadanseu gorro reutilizando os xornais do cole e nos decidimos a realizar a colleita da uva para facer un riquísimo zume, esmagando a uva cos pes como antigamente.
Tamén os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil despois de ler a fábula da Zorra e as uvas que nos axudou a reflexionar sobre o valor do esforzo, xogamos con algunhas adiviñas relacionadas coas uvas e a vendima. Co paso dos días foron chegando racimos e empezamos a investigar sobre a tan aprezada froita: cantas uvas podían chegar a ter, os piños, as variedades de uvas, cores, formas, tamaños, a súa característica folla...
Tamén estampamos con corchos os racimos mezclando cores, contamos de novo cada uva de cada racimo e rematamos con mini taller de grafismo utilizando os rotuladores e creando camiños divertidos coma espirais.....para traballar o trazo e reforzalo de forma divertida.
E así foi como celebramos a festa da Vendima. Sentimos moito non poder convidarvos a probar o zume de uva tan rico que fixemos na vendima, pero acabamos tan cansos, que o bebimos todo.
Foi unha experiencia inolvidable que fixo descubrir moitas sensacións aso peques do noso cole!!!
Moitas gracias pola colaboración, familias, sen a vosa axuda, isto non sería posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario