O 20 de novembro é unha data moi significativa pero que debemos lembrar todos os días do ano...As nosas cativas e os nosos cativos teñen uns dereitos que nin institucións, nin familias deben esquecer.
O maltrato e a despreocupación da infancia séguese dando na nosa sociedade e non se pode permitir!
O alumnado de hoxe será o futuro de mañá e debemos ensinar e protexer con agarimo e dedicación. As vosas fillas e os vosos fillos medrarán máis fortes e non empregarán a violencia no seu día a día.
A continuación podedes ver, como reflexaron nos seus traballos, de forma libre os sentimentos e sensacións, despois das propostas dos titores, chegando á conclusión de que todos anelan o mesmo: OS ADULTOS DEBEN CUMPRIR OS DEREITOS DA INFANCIA!!
Esperemos que vos gusten as actividades dalgúns dos dereitos da infancia, pero sobre todo que vos faga reflexionar para facelo cada día un pouco mellor entre todas e todos.
Dereito á igualdade
Todas e todos teñen dereito a unha igualdade sen destinción de raza, relixión, idioma, nacionalidade, sexo, opinión política ou outros rasgos, pois todas e todos somos iguais.
Dereito á alimentación
Unha nutrición adecuada na idade escolar é moi importante. As nenas e os nenos deben ter garantizada por todos os membros dunha sociedade unha alimentación suficiente, duradeira e en condicións saudables.
Dereito á educación
Teñen dereito a unha educación digna para adquirir coñecementos e así poder desenvolverse como adultos nun marco social, económico e cultural en todas as sociedades.
Dereito ao xogo
Debemos recordar e transmitir á importancia do xogo na vida das nenas e dos nenos, pois constrúe o noso corpo, axuda nas capacidades da linguaxe, sociabilizan, aprenden normas e valores e sobre todo son moi felices aprendendo.
Dereito á saúde
Disfrutar de boa saúde é un dereito fundamental para as vosas e os vosos peques, polo tanto debemos coidalos porque son seres moi vulnerables. Coidado de saúde engloba o benestar físico, mental e social, para poder medrar con boa calidade de vida.
Dereito á identidade
Dende que nacemos é un dereito que como membro dunha sociedade non nos poden privar, polo tanto o noso nome, apelidos ,nacionalidade é saber quen son os nosos pais. Todo isto representa o recoñecemento oficial da nosa existencia e os nosos dereitos.
Dereito á protección
As nenas e os nenos teñen dereito a vivir nun contexto seguro e protexido que persegue o seu benestar. Nin o maltrato, a discriminación e a explotación está permitido.
A infancia é o eslabón máis débil da sociedade e debemos apoiala e respetala.
O teléfono de axuda á infancia é unha línea gratuíta que está operativa durante todo o ano, as 24 horas do día e o seu número é o 900333666. Neste teléfono atoparán sempre un profesional á disposición das nenas e dos nenos, que intentarán buscar a mellor solución para cada caso .
Ningún comentario:
Publicar un comentario