Día Internacional contra
a Violencia de Xénero
O 25 de novembro foi declarado pola Asamblea Xeral da ONU como Día Internacional contra a Violencia de Xénero para denunciar a violencia machista que se exerce contra as mulleres en todo o mundo.
Dende o colexio mostramos apoio ás mulleres nas súas loitas contra toda clase de violencia e solidarizámonos coas mulleres que a padecen. Educamos ao noso alumnado en valores, empatía e igualdade, para que saiban recoñecer nos demais persoas a quen hai que respectar.
Nesta data realizamos diferentes actividades. Aquí vos deixamos un conto que nos serviu de guía para aprender que as relacións de parella deben de ser igualitarias e o respeto é a base de calquera tipo de relación.
Deixamos unha mostra dos traballo realizados:
E aquí unha serie de actuacións preparadas na materia de música, recordade premer na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario