luns, 3 de febreiro de 2020

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

En 4º de Educación Infantil, seguimos traballando a importancia do respecto e como hai palabras que nos poden facer sentir mal ou ben. Tamén decoramos a nosa aula cunhas fermosas pombas que se levaron á casa para vixiar e axudar a cada nena ou neno a seguir por ese camiño, esforzándose cada día para que todos poidamos sentirnos ben. 
















Ademais aproveitando o proxecto de Ovelliña dame la que estabamos a facer, fixemos ovellas de diferentes cores para así poder falar e comprobar que todos temos diferente cor de pel e que todos debemos ser respetados e tamén coloreamos diferentes mans de distinta cor para o mural conxunto do cole.






En 5º de Educación Infantil traballamos a simboloxía da pomba da paz, o seu significiado e o por que de ser unha pomba a que representa a paz. 



Tamén colaboramos no mural conxunto do Colexio pintando colaborativamente as nosas mans para a paz. Timos moi en conta que as nosas mans poden servir para facer cousas boas ou cousas malas e na nosa man está elexir ben.


Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil traballamos con moita alegría co símbolo hippie que reflexa a Paz e o amor mundial. Decoramos de mil cores os nosos colares afianzando a motricidade fina e a imaxinación. Despois recitamos un anaco do poemario " O libro dos bicos" e fixemos unha chuvia de palabras fermosas : calma, amizade, amigo, bico...que servirán para os próximos días inventar o noso poema da Paz, fomentando así o diálogo espontáneo.







Tamén fixemos a nosa relaxación diaria representando o símbolo hippie e para rematar  saímos ao patio a celebrar con todo o colexio o feliz día de convivencia.



En 1º comezamos realizando os nosos propios monecos e a través deles aprendemos o que significaba a palabra descrición e as palabras que adoitamos usar para describirnos. Decatámonos de todas as diferencias que existen entre nós pero como di unha das cancións que aprendemos "aínda que sexamos diferentes por fóra, todos os nosos corazóns soan igual". Por iso, convivimos todos os días axudándonos uns aos outros e  resolvendo os nosos conflitos a través do diálogo e da comunicación, intentando escoitar e dicir palabras bonitas.



Tamén realizamos diferentes manualidades recortando moito e traballamos a lectoescritura lendo e aprendendo cancións e poesías relacionados co tema en diferentes idiomas e coñecendo o que era unha rima. Ademais lemos diferentes contos en galego e castelán realizando " A hora do conto". Nela aprendemos o que é un título, uns protagonistas, o lugar onde se desenvolve o conto, o tema do conto e o máis importante: que é o que nos ensina cada conto para mellorar a nosa relación cos compañeir@s.





E aproveitando que coa canción "Siente la paz" repasamos os 5 sentidos e coa profe de música preparamos un baile con lingua de signos, tamén coñecimos a través de Caillou como pode ser a vida dunha persoa con discapacidade auditiva e outra con discapacidade visual. Aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos: 




En 2º, 3º, 4º e 5º de E.P. realizamos diferentes actividades plásticas para decorar a nosa aula e o cole.







Na materia de Valores de 6º, en colaboración co resto de compañeiros/as, realizamos unha exposición fotográfica  titulada "Black? White?" baixo a premisa de que cor é o lapis de cor carne? para demostrar que todos somos diferentes e que non existen as persoas "blancas" e as persoas "negras".
Basámonos nunha exposición da fotografa Angélica Dass sobre a beleza da cor do ser humano.  Ela Empregou o código Pantone para clasificar cada cor, nós traballamos co Paint 3D para tomar a mostra de cor de cada alumno/a e creamos o noso propio código para clasificar as nosa pel




E coa mestra de música, Cris, todo os alumnos e alumnas do cole, preparamos tres actuacións moi especiais para destacar a importancia deste día tamén moi especial: Día da Paz de Pablo Díaz, Que bonito de Soraya e No dudaría de Antonio Flores.








Deixámosvos as recomendacións da Biblioteca para esta data tan sinalada:



Nesta última foto podedes ver o resultado do traballo de todos os nenos e nenas do cole. 
Parabéns peques!!!! Sodes tod@s uns artistas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario