luns, 14 de outubro de 2019

Benvidas e benvidos á aula de 4º de Educación Infantil

Un ano máis damos a benvida ao alumnado de 3 aniños e ás súas familias. Os comezos e os cambios nunca foron doados , pero si se pode axudar a que sexan o mais agradables posibles. Por este motivo, queremos invitarvos a todas e todos,  a que poidades ver que estivemos a facer,  na nosa aula durante este tempo  e darvos as gracias por confiar en nós, nunha das etapas tan importantes para as vosas fillas e fillos, como é a Educación Infantil.


Durante este tempo as nenas e os nenos:
  • Xogamos e interaccionamos cos compis da clase e cos de 5º e 6º de E.Infantil, quenes nos ensinan xogos no recreo e a respetar as quendas para ir ao tobogán, á casa....

 


  • Iniciámonos nas rutinas,xa que son tan importantes para as nenas e os nenos  como a hora de ir o baño, a hora do conto,  marcar o tempo atmosférico, ir ao recreo, volta á calma... para sentirse seguros e tranquilos no seu ambiente,neste caso, na escola. Pouco a pouco , xa as interiorizaran e sabía que ía a pasar despois de cada actividade.



  • Traballamos en equipo, axudándonos nas dificultades que poidamos atopar no día a día.


  • Elaboramos manteis  personalizados para as nosas merendas, e intentamos crear hábitos saudables. 



  • Manipulamos, exploramos, experimentamos... ao mesmo tempo que traballamos a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, a imaxinación, asociación de cores, cantidade, responsabilidade de manter un ambiente limpo e ordeado....a través da mesa de luz e da mesa de experimentación, dous recantos que nos gustan moito.






















  • Iniciámonos en xogos con regras,  para traballar as quendas e a atención, ao mesmo tempo que seguimos reforzando outros conceptos.




  • Traballamos con motivación, partindo dos intereses do alumnado, e recibimos a visita do Polo Pepe, que nos deixou pistas para que fosemos aprendendo cousiñas sobre el. 





E moitas cousas máis.....que pouco a pouco vos iremos amosando ao longo deste curso. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario