martes, 16 de outubro de 2018

O Polo Pepe



Que emoción!!! 

POLO PEPE recibiu ás nenas e ós nenos de 4º de EI. Puidemos ver que era amarelo, que tiña pico, patas e ás e cando xa pensábamos que o sabíamos todo sobre el…apareceu na clase un niño cun ovo e un pitiño moi pequeno. Non nos podíamos imaxinar o por qué... pensamos que unha vaca pisara o ovo ao comer a herba, que o rompera un can…pero que facía alí o pitiño?? Como non o sabíamos decidimos pedir axuda á familia, aos amigos, aos  veciños…e descubrimos que o Polo Pepe quería dicirnos que os pitiños nacen dun ovo. 

Aquí vos mostramos un pequeno resumo do que fixemos.

Moitas gracias pola vosa colaboración nesta pequena investigación!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario