martes, 22 de setembro de 2020

Inicio de curso 2020-2021

 Levamos case dúas semanas de clase  e pouco a pouco comezamos a familiarizarnos coas novas rutinas de hixiene e seguridade que son tan importantes para a nosa convivencia.

Durante estas semanas, nos diferentes cursos, estivemos a coñecer as novas normas de organización e funcionamento do centro así como as novas sinalizacións dos espazos comúns.






Realizáronse actividades de prevención, hixiene e protección para coidarnos pero tamén para coidar aos que nos rodean. 

O alumnado de 6º realizou o Rap "Lávate las manos" para os peques do cole (esperamos que vos guste)





E o máis importante, realizáronse actividades onde as emocións foron as protagonistas.

Cada neno/a leva candasúa mochila emocional que lle fará totalmente diferente aos demais e lle fará sentir e percibir o mundo de maneira distinta. 

Coñecer e entender os nosos sentimentos e os dos compañeiros/as é primordial para aprender a autorregularnos cando sexa preciso.















Unha aperta familias!




Ningún comentario:

Publicar un comentario