martes, 29 de setembro de 2020

Equipo TIC

 Ola a todos/as

Este ano como novidade  no colexio empregaremos contas de Google  Suite  para  Educación  co  obxectivo  de  apoiar  as  funcións  de comunicación  de  todo  o  profesorado,  do alumnado e das familias .

A  diferencia  das  contas  que  ofrece  Google  os  servizos  están  baixo o  dominio colexiocid.com e  inclúen  os  seguientes servizos  integrados:  

  • Gmail
  • Google  Calendar  (calendarios  compartidos)
  • Google  Drive  (aloxamento  de documentos,  follas  de  cálculo  e  colaboración  online)
  • Hangouts (sistema de mensaxería e videoconferencia)
  • Meet (sistema videoconferencia)

 Ao longo dos vindeiros días iremos colgando unha serie de vídeos para que vexades a súa funcionalidade.


Polo de agora subimos o vídeo para a activación da conta:


(Preme na imaxe)


Para calquera dúbida ou incidencia dirixídevos ao seguinte correo electrónico.


gestion@colexiocid.com 


Un saúdo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario