O venres 12 de novembro, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22.
DESTINATARIOS/AS DAS AXUDAS:
Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial (non para Educación Infantil).
ALUMNADO BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR.
O alumnado destas etapas que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/2022 , non terá que presentar solicitude, adquire automaticamente o dereito ás máscaras.
O ALUMNADO QUE NON PRESENTOU NO SEU MOMENTO A SOLICITUDE DE AXUDAS OU QUEDOU EXCLUÍDO.
Poderán presentar solicitude sempre que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a. Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b. Alumnado matriculado en educación especial.
c. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
d. Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
A solicitude formalizarase a través do modelo oficial contemplado na Orde. Anexo I
Será única para todos os/as fillos/as salvo que estean escolarizados en centros distintos.
Documentación que deberán achegar coa solicitude:
b. Copia do libro de familia.
c. Certificado do grao de discapacidade de non estar recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
e. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.
g. Certificado de convivencia no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
Anexo I e Anexo II, pinchar aquí
Presentación:
a. No centro con cita previa solicitada a través do email: cpr.cid@edu.xunta.gal ou no teléfono: 981 255 244. En horario de luns a venres de 9:30 a 10:30.
Importante solicitar cita antes de vir ao colexio, calquera dúbida que teñades póñedevos en contacto con nós.
b. O
prazo fixado no DOG é de 10 días hábiles contados a partir da publicación da
orde no DOG. O último día de prazo, o venres 26 de novembro de 2021.
RESOLUCIÓN.
A consulta da resolución provisional e da resolución definitiva será telefónica ou por correo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario